A Xunta e a Asociación de Actores e Actrices renovan a súa colaboración para organizar os Premios María Casares
Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2020

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura e Turismo, Jacobo Sutil, e o presidente da Asociación de Actores e Actrices de Galicia, Xabier Deive, asinaron hoxe un convenio de colaboración polo que a Xunta de Galicia renova o seu apoio económico á organización dunha nova edición dos Premios de Teatro María Casares e a diferentes actividades de difusión asociadas á súa convocatoria.

Son 30 os espectáculos galegos inscritos nesta vixésima cuarta edición dos galardóns. O vindeiro mércores 26 de febreiro, no compostelán Auditorio de Galicia, celebrarase a tradicional Festa de Finalistas dos Premios de Teatro María Casares e nela coñeceranse as montaxes e os profesionais que aspiran ás catorce categorías previstas. A gala de entrega celebrarase no Teatro Rosalía Castro da Coruña o 26 de marzo, véspera do Día Mundial do Teatro.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 21/02/2020