A confraría de Cangas avalía as necesidades do sector da zona coa conselleira do Mar
Cangas (Pontevedra), 21 de febreiro de 2020

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, visitou hoxe a confraría de pescadores de Cangas, onde mantivo un encontro cos seus representantes para coñecer as súas necesidades e aclarar dúbidas relacionadas coa súa actividade. A titular de Mar estivo acompañada durante a visita pola presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, e pola directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, e alí puxo de relevo a importancia de manter o contacto entre sector e Administración coa finalidade de buscar as mellores solucións ás necesidades dos profesionais do mar.

Nesta liña fixo fincapé na conveniencia do mantemento das instalacións dos portos e das lonxas para seguir cumprindo con todos os requisitos técnico-sanitarios e, no caso de Cangas, tamén coa marca de calidade pescadeRías, coa que traballan no peirao deste concello. Unha marca, lembrou Rosa Quintana, que acredita a boa calidade dos produtos de Galicia e das instalacións nas que se poñen á venda.

Imaxes relacionadas
Departamento: C. do Mar
Data de actualización: 21/02/2020