O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, visitou esta mañá as instalacións de tres destes centros da cidade olívica
Política Social destaca o importante labor de dinamización do centro sociocomunitario do Calvario

Comproba as diferentes actividades que realizan os usuarios como obradoiros de arte floral, de pintura ou clases de ioga, pilates e informática

Vigo, 21 de febreiro de 2020

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, destacou o importante labor de dinamización do centro sociocomunitario do Calvario, en Vigo. Fíxoo durante unha visita realizada esta mañá ás súas instalacións na que estivo acompañado da delegada territorial da Xunta en Vigo, Corina Porro.

Arturo Parrado puido comprobar as diferentes actividades que realizan os usuarios do centro como obradoiros de arte floral, de pintura ou clases de ioga, pilates e informática. Un completo programa de actividades, sinalou o director xeral, que converten as instalacións no epicentro de ocio do barrio vigués.

Así mesmo, Parrado tamén se achegou aos centros sociocomuntarios Rivera Atienza e o situado na rúa Pi y Margall, os dous en Vigo. Alí sinalou que estas instalacións axudan que as diferentes zonas da cidade teñan un punto de reunión das veciñas e veciños.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 21/02/2020