Lete Lasa traslada os seus mellores desexos no acto de presentación da tempada do Grupo Deportivo Supermercados Froiz

O secretario xeral para o Deporte destacou "que a unión de Jose María Froiz e Evaristo Portela leva 32 anos representando a gran nivel no panorama español elite e sub-23 ao ciclismo galego"

Pontevedra, 21 de febreiro de 2020

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, desexou moitos éxitos para o Grupo Deportivo Supermercados Froiz no acto de presentación da súa 32ª tempada. Na anterior tempada o Grupo Froiz acadou o terceiro posto do ránking nacional elite e sub-23, sendo o equipo galego mellor clasificado.

Lete Lasa destacou o importante traballo que tanto a Federación Galega de Ciclismo como os diferentes clubs galegos e deportistas están desenvolvendo en favor deste deporte como así o reflicten os datos: Galicia é a quinta comunidade en número de licenzas con 4.177 e en número de clubs con 280, sendo a provincia de Pontevedra, co 40% de todos os clubs de Galicia, unha das que maior achegas fai nos 280 clubs da comunidade. Todo este traballo ten o respaldo da Secretaria Xeral para o deporte nas diferentes liñas de axudas que o organismo autonómico pon a disposición das federacións e clubs da comunidade, xunto co Plan de patrocinio publicitario dos equipos de alta competición de Galicia que dá soporte a 11 equipos da nosa comunidade entre os que se atopa o Grupo Froiz. Tamén é de salientar o gran número de nenos e nenas de 6-16 anos no programa Xogade que no ano anterior se pechou con 1895 licencias. A nosa comunidade conta na actualidade con 11 deportistas de alto nivel e catro recoñecidos polo CSD.

Os corredores e equipos elite e sub-23 son un exemplo e referencia para a base que é desde a que, todos xuntos, debemos continuar dando impulso dentro do deporte á calidade de vida e saúde, sen esquecer que a bicicleta debe ser tamén seguridade. Dende a Secretaria Xeral para o deporte seguiremos impulsando medidas para que o deporte en xeral e o ciclismo en particular siga medrando e colleitando os maiores éxitos.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 21/02/2020