O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa, estivo en centros da cidade das Burgas e dos municipios de Pereiro de Aguiar e San Cristovo de Cea
Política Social visita varias residencias de maiores na provincia de Ourense

De la Campa destacou a importancia de que as administracións públicas acheguen solucións para garantir que as persoas poidan facerse maiores onde e como elixan

Ourense, 21 de febreiro de 2020

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa, visitou hoxe varias residencias de maiores na provincia de Ourense. En concreto, coñeceu as instalacións dos centros Virgen Blanca, Santa María e Nuestra Señora de la Esperanza, na cidade das Burgas; as residencias Os Gozos e Monterrei, emprazadas no concello de Pereiro de Aguiar; e o centro La Saleta, en San Cristovo de Cea.

Ildefonso de la Campa aproveitou estas visitas para falar cos responsables das instalacións e con algúns dos seus usuarios. Destacou a importancia de que as administracións públicas acheguen solucións para que as galegas e galegos de máis idade poidan elixir onde prefiren pasar esta etapa das súas vidas, xa sexa nas súas casas e coas súas familias ou se requiren atención residencial.

O director xeral tamén defendeu a necesidade de promover un envellecemento activo e saudable, así como de facilitar a participación dos maiores en todos os ámbitos da sociedade para que xeracións máis novas aproveiten a súa experiencia e coñecementos.
 

Data de actualización: 21/02/2020