O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, visitou hoxe o centro
A Xunta de Galicia informa na escola infantil de Campo Lameiro sobre a gratuidade para segundos fillos e sucesivos

A escola da Campo Lameiro conta con dúas unidades e 35 prazas

Campo Lameiro (Pontevedra), 27 de febreiro de 2020

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, visitou hoxe a escola infantil de Campo Lameiro, acompañado polo alcalde do municipio, Carlos Costa Domínguez. Durante o percorrido o xerente trasladoulle ás traballadoras información sobre a implantación da gratuidade nas escolas para os segundos nenos e sucesivos.

Perfecto Rodríguez sinalou que a medida será de aplicación automática nas escolas que xestiona a Xunta de Galicia a partir do 1 de abril, polo que as familias non terán que levar a cabo ningún trámite. Recordou que a gratuidade será aplicada sobre a atención educativa e que outros servizos, como o de comedor, seguirán correndo a cargo das familias.

Este centro de Campo Lameiro que pertence á rede autonómica de escolas a Galiña Azul, conta con dúas unidades e 35 prazas, das que na actualidade están ocupadas 26.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 27/02/2020