Política Social explica a mozas e mozos de Muíños as liñas xerais do novo Plan Estratéxico de Xuventude aprobado hoxe
Muíños (Ourense), 28 de febreiro de 2020

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, mantivo esta tarde no municipio ourensán de Muíños un encontro con monitores e monitoras de actividades para xente nova. O encontro, que tivo lugar na Casa do Concello, tamén serviu para explicar as liñas básicas do novo Plan Estratéxico de Xuventude que hoxe aprobou o Consello da Xunta e que ten entre os seus eixos de actuación seguir a apostar polo fomento do voluntariado e a participación das mozas e mozos.

Ademais, Cristina Pichel aproveitou a xuntanza para coñecer as propostas e inquedanzas das rapazas e rapaces que asistiron á mesma, co gallo de continuar a mellorar os programas e actuacións da Administración autonómica dirixidos a eles.
 

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 27/02/2020