Fabiola García salienta a traxectoria de Aspas no coidado e atención das persoas con discapacidade
Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2020

A conselleira de Política Social, Fabiola García, salientou hoxe a traxectoria de Aspas no coidado das persoas con discapacidade. Fíxoo durante unha visita a residencia Juan Vidán Torres que a entidade ten en Santiago de Compostela e que conta con 35 prazas, todas financiadas pola Xunta.

A conselleira destacou a calidade asistencial das súas instalacións que, apuntou, prestan un servizo individualizado e adaptado ás necesidades de cada persoa. Fabiola García sinalou que a través da colaboración con entidades como Aspas, as administracións poden dar unha resposta máis axustada a todas aquelas persoas con discapacidade e ás súas familias.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 27/02/2020