Fabiola García agradece á asociación Sor Eusebia da Coruña o seu traballo a favor da inclusión social
A Coruña, 28 de febreiro de 2020

A conselleira de Política Social, Fabiola García, visitou esta tarde o centro de acollida Sor Eusebia da Coruña onde agradeceu aos seus responsables polo traballo a favor da inclusión social na cidade. Un labor, sinalou, que permite a máis de 60 persoas encontrar nestas instalacións un fogar no que sentir acougo e esperanza para reconducir as súas vidas.

Fabiola García resaltou a calidade das súas instalacións nas que se dota aos usuarios dun albergue, servizo de comedor, atención sociosanitaria, así como de asesoramento legal. A conselleira afirmou que esta entidade permite que aquelas persoas que, por unha razón ou por outra, están en situación de vulnerabilidade teñan unha segunda oportunidade.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 28/02/2020