Política Social destaca a traxectoria de Arela na protección da infancia e dos dereitos dos menores
Monforte de Lemos (Lugo), 4 de marzo de 2020

A directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González, visitou hoxe o centro de menores de Arela en Monforte de Lemos. Alí gabou a ampla traxectoria desta entidade na protección da infancia e dos dereitos dos menores tanto nestas instalacións como noutras en distintos puntos da Comunidade.

Neste sentido, Amparo González destacou a importancia de que as administracións colaboren coas organizacións que traballan diariamente neste eido porque, sinalou, son elas as que mellor coñecen as súas necesidades. Así, a directora xeral apostou por manter liñas de colaboración que favorezan a creación dunha sociedade con igualdade de oportunidades para todas e todos.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 04/03/2020