A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou hoxe o centro da entidade Argalladas
Política Social pon en valor a formación de profesionais no eido das actividades de tempo libre dirixidas ás mozas e mozos

Compartiu experiencias cun grupo de persoas que están a facer un curso para facerse monitores

Poio (Pontevedra), 5 de marzo de 2020

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, destacou a importancia da formación das persoas que se encargan de impartir ou coordinar actividades de ocio dirixidas á xente nova. Díxoo esta mañá durante unha visita á Escola de Tempo Libre Argalladas, inscrita no rexistro de Xuventude.

Cristina Pichel tivo a ocasión e falar cun grupo de persoas que están a facer un curso de monitores neste centro. A escola ofrece ao seu alumnado a posibilidade de facer prácticas en ludoteca de verán e en eventos, unha vez rematada a fase teórica.

 

Data de actualización: 05/03/2020