Política Social pon en valor o papel dos centros de día na atención ás persoas con alzhéimer
Ourense, 5 de marzo de 2020

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa, puxo en valor esta mañá o papel dos centros de día na atención ás persoas con alzhéimer. Fíxoo durante unha visita ás instalacións da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer na cidade de Ourense.

Ildefonso de la Campa sinalou que é a colaboración entre Administración e entidades a que permite ofrecer unha mellor calidade de vida a un maior número de persoas. Unha colaboración na que, concretou, é fundamental o traballo de asociacións como esta por coñecer de primeira man as necesidades asistenciais das persoas con alzhéimer.

Data de actualización: 05/03/2020