Política Social pon o acento no papel das mulleres con discapacidade na promoción da igualdade

A exposición fotográfica leva por título ‘Eu muller, ti cómplice, elas loitadoras’ e enmárcase na conmemoración do Día Internacional da Muller

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2020

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, participou hoxe, con motivo dos actos do Día da Muller, na presentación da exposición fotográfica Eu muller, ti cómplice, elas loitadoras que se está aberta ao público no Centro Abanca Obra Social. Trátase dunha mostra itinerante que percorrerá diferentes localidades galegas e que ten o selo de Fademga Plan Inclusión Galicia.

A exposición reflexa as semellanzas entre as mulleres con discapacidade intelectual e outras mulleres sen discapacidade que loitaron por conseguir grandes fitos na Historia. O obxectivo principal é sensibilizar a loita diaria destas mulleres na promoción da igualdade en todos os ámbitos.

Ademais do acto de apertura desta mostra de fotografías, tamén se deu lectura a un manifesto con motivo do Día da Muller.
 

Data de actualización: 06/03/2020