A Xunta reforza a partir da vindeira semana os servizos de autobús en Coristanco para facilitar os desprazamentos dos estudantes dos institutos na contorna

A nova liña 24, Rial-Carballo-Estación de Autobuses, realizará a partir do xoves 12 expedicións adaptadas ás entradas e saídas dos centros educativos de Carballo

Este servizo facilita a parada nos institutos duns 30 alumnos deste municipio

Nesta expedición incluiranse dúas novas expedicións, que permitirán a conexión entre Coristanco e Carballo durante os días de feira en Carballo

A actual liña 04 manterá os itinerarios actuais, coa parada cabeceira no centro médico, que no servizo da liña 24 pasará a ser a demanda
 

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2020

A Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade reforzará a partir da vindeira semana os servizos de autobús no Concello de Coristanto, para facilitar os desprazamentos dos estudantes deste municipio nos institutos da contorna.

Desde xeito, dáse cumprimento ao acordado recentemente pola titular do departamento de Infraestruturas, Ethel Vázquez, co alcalde, Juan García Pose, ampliando as melloras nas novas liñas de transporte público que prestan servizo no municipio, e que veñen de entrar en funcionamento este ano.

A nova liña 24, Rial-Carballo-Estación de Autobuses, realizará a partir do vindeiro xoves, día 12, as expedicións adaptadas ás entradas e saídas dos centros educativos de Carballo, os institutos Alfredo Brañas e Isidro Parga Pondal. Esta modificación permite facilitar a parada nos institutos duns 30 alumnos deste municipio

Nos servizos da nova liña 24 destaca tamén a inclusión de dúas novas expedicións, que permitirán a conexión entre Coristanco e Carballo durante os días de feira en Carballo.

Nesta expedición, introdúcese ademais a modificación da orde das paradas do final da mesma, pasando a ser a Estación de Autobuses de Carballo a parada cabeceira, realizándose nesta expedición a parada do centro médico a demanda.

O funcionamento da actual liña 04, Rial-Centro Médico, manterá os itinerarios e servizos actuais, coa parada cabeceira no centro médico.
 

Data de actualización: 07/03/2020