Política Social gaba o traballo da asociación APES en Ourense a favor da inserción sociolaboral das persoas en risco de exclusión
Ourense, 11 de marzo de 2020

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, gabou o traballo da asociación APES en Ourense a favor da inserción sociolaboral das persoas en risco de exclusión. Fíxoo durante unha visita esta mañá á sede desta entidade na que puido coñecer os avances e resultados dos seus programas, financiados polo Goberno galego.

Arturo Parrado destacou a importancia de que as administracións colaboren coas diferentes entidades sociais para lograr unha sociedade máis integradora e xusta. Neste sentido, agradeceu a APES a súa disposición a propoñer ideas e medidas que axuden a acadar este obxectivo.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 11/03/2020