As comunidades da Vía da Prata acordan desenvolver medidas de promoción conxunta vencelladas ao patrimonio e a gastronomía
Santiago de Compostela, 19 de maio de 2020

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, acompañado pola comisaria do Xacobeo 2021, Cecilia Pereira, participou esta mañá nunha videoconferencia conxunta cos conselleiros das comunidades polas que discorre a Vía da Prata. No encontro expuxéronse diversas iniciativas que permitan desenvolver medidas de promoción conxuntas vencelladas ao patrimonio e a gastronomía.

Andalucía, Castela e León, Estremadura e Galicia reforzan o seu compromiso para impulsar este Camiño con acreditado valor histórico e patrimonial como elemento dinamizador dos seus territorios, que poderá ter especial incidencia no rural e en zonas con baixa demografía. A Vía da Prata é un importante itinerario xacobeo que vertebra España de norte a sur e conta cun gran potencial de crecemento grazas á súa riqueza patrimonial e natural.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 19/05/2020