Os gardacostas requisaron a comezos desta semana preto de 50 quilos de centola nun control realizado en Muxía
Santiago de Compostela, 23 de maio de 2020

Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, requisaron 47,5 quilos de centola e os catro sacos de rede que contiñan esta especie nun control realizado a comezos desta semana na zona do cabo Touriñán, no concello de Muxía. A mercadoría, que foi atopada entre as rochas, estaba sen identificar e a maioría dos exemplares estaban ovados, polo que o produto foi devolto ao mar na zona pois, tal e como establece a Lei de Pesca de Galicia, a captura de especies ovadas ou de talle ou peso inferior ao establecido non está permitida.

A Consellería do Mar lembra á cidadanía que o consumo de marisco extraído e comercializado de xeito ilegal pode supor un risco para a saúde ao non ter pasado ningún tipo de control que o avale. Por iso pide aos consumidores que non merquen produto fóra das canles legais de comercialización.

Imaxes relacionadas
Departamento: C. do Mar
Data de actualización: 23/05/2020