A confraría de Vigo e o Club Marítimo de Canido avalían as necesidades do sector da zona coa Xunta
Vigo, 5 de xuño de 2020

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, xunto coa delegada territorial da Xunta en Vigo, Corina Porro, e a presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, mantivo unha xuntanza de traballo con representantes da confraría de pescadores local e do Club Marítimo de Canido para coñecer as súas necesidades e inquedanzas e aclarar dúbidas relacionadas coa súa actividade.

Na xuntanza abordaron diferentes asuntos de interese para o sector marítimo-pesqueiro da zona. Esta reunión enmárcase nos encontros periódicos que a Consellería do Mar mantén co sector para intercambiar impresións cos profesionais do mar de cada zona, analizar e coñecer as súas inquedanzas e buscar o mellor xeito de solucionalos.

Imaxes relacionadas
Departamento: C. do Mar
Data de actualización: 05/06/2020