A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, e o presidente da Deputación Provincial, José Manuel Baltar, mantiveron hoxe unha reunión de traballo
A Xunta e a Deputación de Ourense acordan colaborar na promoción dunha mobilidade segura e da implantación da tarxeta Xente Nova en toda a provincia

Estímase que uns 5.200 mozos menores de 21 anos desta provincia farán uso da tarxeta Xente Nova para viaxar gratis no autobús interurbano da Xunta

A provincia de Ourense, na que a tarxeta funciona desde o día 15 de xuño, é a primeira na que se implanta esta iniciativa na súa totalidade

Desde o día 10, data desde a que se pode solicitar a tarxeta, emitíronse 242 dispositivos, dos que 93 corresponden ao Concello de Ourense e 82 ao de Barbadás

Desde este luns tamén se pode empregar na provincia a tarxeta TMG, que supón bonificacións no transporte interurbano que chegarán a uns 108.000 ourensáns

Ourense, 18 de xuño de 2020

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, e o presidente da Deputación provincial, José Manuel Baltar, mantiveron hoxe un encontro de traballo no que acordaron colaborar na promoción dunha mobilidade segura e na implantación da tarxeta Xente Nova en toda a provincia.

No encontro, o Goberno galego agradeceu a disposición á colaboración da Deputación para dar a coñecer entre os mozos este dispositivo, que desde este luns, día 15, lles permite aos menores de 21 anos da provincia viaxar gratis no transporte da Xunta. O Executivo autonómico estima que uns 5.200 mozos da provincia farán uso da tarxeta Xente Nova para viaxar gratis no autobús interurbano da Xunta.

Ourense é a primeira provincia na que se implanta esta tarxeta, na súa totalidade. Desde hai unha semana, desde o día 10 que é desde que se pode solicitar a tarxeta, xa se emitiron 242 dispositivos, dos que 93 corresponden ao Concello de Ourense e 82 ao de Barbadás.

Esta tarxeta moedeiro non precisa ter unha conta asociada e pódese solicitar nas 24 oficinas de Abanca habilitadas. Simplemente hai que pedir cita previa na oficina e os menores de idade deberán ir acompañados dun dos proxenitores.

Ademais desde este luns día 15 tamén se pode empregar en toda a provincia a tarxeta TMG, que supón bonificacións no transporte interurbano. Neste caso, estímase que serán uns 108.000 cidadáns da provincia os que a usen.

Listado de oficinas nas que se pode solicitar a tarxeta Xente Nova e TMG

Ourense
CONCELLO
CÓD. OF.
NOME OFICINA
DIRECCIÓN
OURENSE
472
SAN ROSENDO
Rúa San Rosendo, 16 (zona estación)
OURENSE
5259
AV. ZAMORA
Avda. Zamora, 106-108
OURENSE
5260
LA TORRE
Rúa Curros Enríquez, 1
OURENSE
5263
ERVEDELO, 31
Rúa Ervedelo, 31
OURENSE
5267
PEÑA TREVINCA
Rúa Peña Trevinca, 22

O PEREIRO DE AGUIAR

5326
PEREIRO DE AGUIAR
Praza La Capela s/n

O CARBALLIÑO

5287
CARBALLIÑO
Rúa Norte, 1

O BARCO DE VALDEORRAS

405
BARCO DE VALDEORRAS
Praza Andrés Prada, 1 – esq Dr. Pérez Lista
ALLARIZ
417
ALLARIZ
Rúa Emilia Pardo Bazán, 4
AMOEIRO
418
AMOEIRO
Rúa Campo do Souto, 12
A POBRA DE TRIVES
445
A POBRA DE TRIVES
Praza Mayor, 2
A RÚA
5334
A RÚA
Rúa Progreso, 64
A GUDIÑA
430
A GUDIÑA
Rúa Beato Sebastián Aparicio 82
BANDE
412
BANDE
Rúa Pombal, 2
BARBADÁS
470
A VALENZA
Rúa Ourense-Celanova, 100-102
CELANOVA
5292
CELANOVA
Avda. San Rosendo, 7
CASTRO CALDELAS
424
CASTRO CALDELAS
Avda. Ourense, 20

SAN CIBRAO DAS VIÑAS

476
POLIGONO SAN CIBRAO
Pg. Industrial San Cibrao, calle 4
MACEDA
5313
MACEDA
Avda. Aureliano Ferreiro, 13
RIBADAVIA
5332
RIBADAVIA
Rúa Progreso, 46
VERÍN
5168
VERÍN
Rúa Luis Espada, 35-37
VIANA DO BOLO
415
VIANA DO BOLO
Rúa Nicolás Tenorio, 30

XINZO DE LIMIA

410
AV. OURENSE
Avda. Ourense, 12

XINZO DE LIMIA

5303
AV. MADRID
Avda. Madrid, 33

Na reunión de traballo entre a conselleira e o presidente da Deputación tamén se abordou a promoción dunha mobilidade segura, especialmente relevante nunha provincia como a de Ourense, cunha forte dispersión e unha poboación avellentada, con gran dependencia do transporte público.

Ethel Vázquez lembrou que para que os cidadáns teñan confianza e sigan empregando estes servizos públicos nos seus desprazamentos, a Xunta está a promover campañas divulgativas de mobilidade segura no transporte público e no taxi, seguindo as medidas de prevención establecidas, como o uso de máscaras ou o pago preferente con tarxeta, para evitar contactos.

Plans de emerxencia fronte á seca

Por outra parte, neste encontro tamén se abordou a nova convocatoria de axudas da Xunta, publicada onte no Diario Oficial de Galicia, para que os concellos elaboren plans de emerxencia fronte á seca.

Estas axudas poden solicitarse desde hoxe e ata o vindeiro 17 de xullo, concedéndose conforme a criterios obxectivos e transparentes, dando prioridade aos concellos medianos e pequenos.

Trátase da segunda convocatoria deste tipo, dotada con 250.000 euros, que permitirán que o vindeiro ano uns 40 municipios galegos dispoñan do seu plan de emerxencia fronte a seca.

Cómpre destacar que dos 20 concellos que recibiron axuda en 2019 e están a redactar os plans de seca, 16 son da provincia de Ourense, é dicir, correspóndense co 80% das subvencións outorgadas.

Ethel Vázquez fixo fincapé en que estes plans son elementos clave para anticiparse e ter preparadas solucións que garantan o abastecemento de auga á poboación.

A seguinte relación mostra os concellos que están a elaborar un plan de emerxencia fronte á seca coa axuda concedida na convocatoria de 2019:

 

Concello
Concello de Avión
Concello de Baños de Molgas
Concello de Coles
Concello de Cabana de Bergantiños
Concello da Teixeira
Concello de Xunqueira de Espadanedo
Concello de Lobeira
Concello de Petín
Concello de Manzaneda
Concello da Veiga
Concello do Bolo
Concello de Verea
Concello de Moeche
Concello de Rubiá
Concello de Muíños
Concello de Portomarín
Concello de Bande
Concello do Vicedo
Concello de Vilamartín de Valdeorras
Concello de Vilamarín

Pasos transfronteirizos

Finalmente, a conselleira e o presidente da Deputación abordaron tamén a situación relativa aos pasos transfronteirizos con Portugal na provincia de Ourense, coincidindo en que a situación actual é incompleta e prexudica aos traballadores e á reactivación económica tras a crise da covid-19.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 18/06/2020