Medio Rural presenta en directo a través das redes sociais as medidas sectoriais do Plan de reactivación e dinamización do agro galego
Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2020

O conselleiro do Medio Rural, José González, presentou esta tarde en directo a través da rede social Facebook as medidas sectoriais do plan de reactivación e dinamización do agro galego, para o cal hai un orzamento de 165 millóns de euros e co que se reactivará a economía no agro tras a emerxencia sanitaria.

De forma virtual, o conselleiro resolveu as dúbidas de arredor de 1700 participantes relacionadas cos principais sectores produtivos vinculados co agro galego. José González agradeceu a participación cidadá no encontro telemático e atendeu todas as demandas dos produtores.
 

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 23/06/2020