A Xunta aproba 15 novos proxectos de pemes galegas que mobilizarán máis de 2 M€ na fabricación de equipos de protección fronte á covid-19

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou esta semana no Comité de fabricación no que se avaliaron estas iniciativas ás que a Administración autonómica apoiará con 759.000 euros

Os proxectos céntranse na fabricación de batas, biocidas e desinfectantes, máscaras, pantallas protectoras ou mamparas, entre outros

En total, sumando esta nova resolución, son xa 43 proxectos apoiados, que van mobilizar 4,4 millóns de euros, e permitir a fabricación de medio millón de máscaras ao día
 

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2020

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou esta semana na reunión do Comité de fabricación de equipamento sanitario e de material para a protección dos traballadores, que aprobou apoiar 15 novos proxectos de pemes galegas que mobilizarán máis de 1,6 millóns de euros e que permitirán fabricar na Comunidade batas, biocidas e desinfectantes, máscaras, pantallas protectoras ou mamparas, entre outros produtos fronte á covid-19.

Con estas, son xa 43 as iniciativas aprobadas polo Comité de fabricación, do que forman parte as consellerías de Economía, Emprego e Industria, Sanidade e Política Social, que serán apoiadas a través da liña da Xunta que achega axudas de ata 100.000 euros para cubrir os gastos ou investimentos que teñan que facer en maquinaria, material e outros activos coa posibilidade de acceder a un anticipo. En concreto, estas 43 iniciativas recibirán un apoio público de 2,2 millóns de euros, multiplicando por dous o investimento ao mobilizar 4,4 millóns. Prevese que se poidan producir máis de medio millón de máscaras ao día, arredor de 7.800 pantallas e 450 mamparas diarias.

As pemes galegas poden solicitar tamén os apoios que se ofrecen a través dunha segunda liña de axudas dotada con 5 millóns de euros, con apoios de ata 800.000 euros por proxecto, e que ten como obxectivo impulsar a fabricación en Galicia de produtos que sexan de utilidade na loita contra a covid-19 e que contribúan a incrementar a prevención tanto a nivel sanitario como en materia de seguridade e saúde laboral. Así, apoiase a produción de medicamentos, tratamentos, test de diagnóstico, equipos hospitalarios e médicos, entre outros bens.
 

NOVOS PROXECTOS APROBADOS

EMPRESA
CONCELLO
 

PROXECTO
Produto a fabricar

CORONAS GALICIA
SANTIAGO DE COMPOSTELA
BIOCIDAS DE BASE ALCOHÓLICA
GONZALEZ PEÑA, ANA ISABEL
MOAÑA
BATAS SANITARIAS
CREATIVA DIGITAL
CARBALLO
PANTALLAS   E MAMPARAS
GALMETEC, S.L.
MOS
MAMPARAS E ABREPORTAS

CONSULTORIA TEXTIL Y EMPRESARIAL

MOS
BATAS E ROUPA SANITARIA

BORDA Y MAS COMPLEMENTOS INFANTILES

VIGO
MÁSCARAS
VIDAL ROZAS, JOAN MARC
LALÍN
MÁSCARAS

PRODUCTOS QUÍMICOS BERGANTIÑOS

CARBALLO
DESINFECTANTES SANITARIOS
CALVO TENREIRO, ANA
PONTEDEUME
PANTALLAS E MAMPARAS
STOVI
VIGO
MÁSCARAS CIRÚRXICAS
EPOLTECH, S.L.
PONTEDEUME
MÁSCARAS CIRÚRXICAS
TARRÍO BARCIA, JOSÉ MANUEL
A ESTRADA
PANTALLAS
TEXTISA CORUÑESA
ARTEIXO
MÁSCARAS HIXIÉNICAS
SISTREL EVENTOS
AMES
MAMPARAS
MEIFUS INDUSTRIAL
MOS

6 DISPOSITIVOS DIFERENTES COVID-19

 

 

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 28/06/2020