Carmen Pomar clausura a segunda edición do programa de Xestión Estratéxica e Operativa dos Centros de Investigación de Excelencia
Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2020

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, acompañada do director de FEUGA, Javier Pereiro, clausurou esta mañá a segunda edición do programa formativo en Xestión Estratéxica e Operativa dos Centros e Unidades de Investigación de Excelencia (GESCI-GOSCI), que contou coa intervención por videoconferencia como poñente invitado de Daniel Zajfman, director do Instituto Weizmann e recoñecido científico titular da cátedra de Astrofísica Simon Weinstock; así como do director do programa e director da Rede CECA de Cataluña, Lluis Rovira.

A conselleira Carmen Pomar lembrou que o proxecto formativo GESCI-GOSCI é unha iniciativa “de cáracter estratéxico” para o Goberno galego que reúne aos mellores expertos en xestión dos Centros de Investigación co obxectivo de consolidar un modelo galego propio baseado na innovación e na internacionalización. Un modelo que, en palabras de Carmen Pomar, “hai que seguir enriquecendo e fortalecendo”.

Impulsado en colaboración con FEUGA, este programa formativo -que é único en todo o Estado- vai dirixido a directores e investigadores dos Centros de Investigación e das Agrupacións Estratéxicas de Galicia e ten como obxectivo fortalecer a capacidade de liderado e de xestión dos centros de investigación galegos para adaptarse en contornas complexas, cambiantes e moi competitivas.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 30/06/2020