A Xunta pagará case 170.000 euros de xustiprezos pola expropiación de terreos para a ampliación do parque empresarial de Xinzo
Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2020

A Xunta de Galicia procederá a aboar os xustiprezos do solo expropiado para a ampliación do parque empresarial de Xinzo de Limia (Ourense) o próximo día 9 de xullo.

O pagamento, que xa lle comunicou a empresa pública Xestur aos interesados, realizarase en cumprimento da resolución do Xurado de Expropiación de Galicia e supón un total de 169.704,37 euros repartidos entre 12 fincas, polo que o investimento definitivo realizado pola empresa pública para a adquisición dos terreos expropiados acada os 805.663,26 euros.

A superficie total adquirida para a ampliación do parque empresarial ourensán é de 116.619 metros cadrados.

Data de actualización: 01/07/2020