Rosa Quintana destaca en Vilanova de Arousa o potencial da conserva de produtos do mar de Galicia
Vilanova de Arousa (Pontevedra), 8 de xullo de 2020

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, visitou esta mañá a estación marítima de Vilanova de Arousa, onde asistiu á presentación da I Festa da Conserva, que prevé celebrarse na primeira fin de semana de agosto e que contará coa participación de empresas locais do sector. Alí fixo fincapé no saber facer do sector galego da conserva de produtos do mar no que Galicia representa preto do 80% da produción de España e máis do 70% do volume de facturación.

Tamén subliñou a importancia de eventos como a Festa da Conserva de Vilanova para promover o seu consumo e dar máis difusión ao sector, pois poñer en valor a conserva tamén é poñer en valor toda a cadea que implica, “desde a mariscadora que extrae a ameixa ata o consumidor final”, expuxo a conselleira . Ademais a titular de Mar puxo en valor as instalacións portuarias como a estación marítima para potenciar a integración do porto coa vila e a importancia que ten para os municipios costeiros o eido marítimo-pesqueiro.

Imaxes relacionadas
Departamento: C. do Mar
Data de actualización: 08/07/2020