A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 13,30 h de hoxe

Permanece activo o lume do concello de Viana do Bolo, parroquia de Pradorramisquedo, que segundo as últimas estimacións afecta unhas 70 hectáreas

Segue controlado o incendio da parroquia de Rubiais, tamén no municipio de Viana do Bolo, que afecta unha superficie provisional dunhas 50 hectáreas
 

Santiago de Compostela, 5 de agosto de 2020

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais rexistrados con datos recollidos ata as 13,30 h. de hoxe.

Pradorramisquedo

Permanece activo o incendio no concello de Viana do Bolo, parroquia de Pradorramisquedo. Este lume comezou na mañá do luns e, segundo as últimas estimacións, afecta provisionalmente unhas 70 hectáreas de superficie. No lugar lévanse mobilizado 9 axentes, 28 brigadas, 4 motobombas, 9 avións e 8 helicópteros.

Rubiais

Permanece controlado dende as 18,45 h. de onte o lume rexistrado na noite do luns no municipio de Viana do Bolo, parroquia de Rubiais, que segundo as últimas estimacións afecta unha superficie provisional dunhas 50 hectáreas. Para o seu control lévanse mobilizado ata o momento 6 axentes, 13 brigadas, 8 motobombas, 1 pa e 1 helicóptero.


A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.
 

Departamento: C. do Medio Rural
Data de actualización: 05/08/2020