A consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 10,00 h de hoxe

Activo un incendio no concello ourensán de Lobeira, parroquia da Fraga, que afecta o Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés e, segundo as primeiras estimacións, rolda unhas 20 hectáreas

Segue estabilizado o lume do municipio ourensán de Viana do Bolo, parroquia de Pradorramisquedo, que segundo as últimas estimacións afecta unhas 200 ha
 

Santiago de Compostela, 7 de agosto de 2020

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais rexistrados con datos recollidos ata as 10,00 h. de hoxe.

Lobeira
Activo dende as 2,05 h. da madrugada un incendio no concello ourensán de Lobeira, parroquia da Fraga, que afecta o Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. Segundo as primeiras estimacións, rolda unhas 20 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse ata o momento 4 axentes, 7 brigadas, 3 motobombas e 1 pa.

Viana do Bolo
Segue estabilizado o lume forestal rexistrado no municipio de Viana do Bolo, parroquia de Pradorramisquedo. Este lume comezou o pasado luns e, segundo as últimas estimacións, afecta unhas 200 hectáreas. Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. Para o seu control lévanse mobilizado ata o de agora 17 axentes, 50 brigadas, 11 motobombas, 1 pa, 9 avións e 8 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

 

Departamento: C. do Medio Rural
Data de actualización: 07/08/2020