Almuiña reúnese cos alcaldes da comarca da Coruña para avaliar a evolución da covid-19
Santiago de Compostela, 10 de agosto de 2020

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, mantivo esta mañá a primeira das reunións acordadas co conxunto de alcaldes da comarca da Coruña para avaliar a evolución da crise sanitaria provocada pola covid-19 na comarca coruñesa.

Na primeira das xuntanzas -telemáticas- que se desenvolverán diariamente durante as vindeiras datas, o conselleiro destacou a importancia que posúe acadar unha boa coordinación entre todas as institucións para conseguir unha detección e diagnóstico precoz de posibles novos contaxios e frear así a expansión do virus.

Neste sentido, Almuiña convidou aos alcaldes da Coruña, Arteixo, Culleredo, Oleiros, Cambre, Bergondo, Carral, Abegondo e Sada, a trasladar aquelas propostas de tipo específico que sexan susceptibles de implementarse en cadanseu municipio.
 

Imaxes relacionadas
Departamento: C. de Sanidade
Data de actualización: 10/08/2020