Alfonso Rueda destaca a importancia de promover o patrimonio cultural local na entrega do “Premio Sanxenxo na Historia”
Sanxenxo (Pontevedra), 28 de agosto de 2020

O vicepresidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, participou esta tarde no Auditorio Emilia Pardo Bazán na entrega do Premio Sanxenxo na Historia a Ana Cancela, directora do Seminario de Estudos Locais de Sanxenxo do Foro Galicia Milenio nos últimos dez anos.

Alfonso Rueda destacou a importancia de recuperar os valores históricos, artísticos, e culturais para manter a identidade de cada lugar e puxo como exemplo as “Xornadas Sanxenxo na Historia” que clausuraron hoxe a súa 11 edición coa entrega deste galardón. Tamén recoñeceu o traballo da Asociación Cultural de Estudos Locais que organiza este ano por primeira vez as xornadas coa colaboración do Concello de Sanxenxo. Ademais, agradeceu ao Seminario de Estudos Locais do Foro Milenio a organización das dez edicións anteriores deste foro destinado a promover a cultura e as tradicións locais do concello.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 29/08/2020