Medio Ambiente concede case un millón de euros a 187 concellos para elaborar os seus plans de acción fronte ao cambio climático

O obxectivo desta orde de axudas, convocada por primeira vez o pasado mes de maio, é colaborar cos municipios e entidades supramunicipais na elaboración dos seus Plans de Acción para o Clima e a Enerxía Sustentable cos que cumprir os obxectivos de mitigación e adaptación ao cambio climático

O importe concedido a cada beneficiario vén fixado en función do número de habitantes do municipio e oscila entre os 2.400 e os 18.150 euros

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2020

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda acaba de resolver a orde de axudas dirixida a entidades locais para a elaboración dos seus Plans de Acción para o Clima e a Enerxía Sustentable (PACES), unha ferramenta coa que planificar e adoptar medidas que apoien a loita contra o cambio climático desde a perspectiva local. En total, son 187 os concellos que resultaron beneficiarios desta convocatoria, publicada o pasado mes de maio e en virtude da cal o Goberno galego repartirá 956.377,96 euros entre todos os adxudicatarios.

Trátase da primeira vez que a Xunta establece este tipo de incentivos para apoiar aos concellos, entidades supramunicipais e agrupacións de entidades locais que se atopen formalmente adheridos ao Pacto das Alcaldías polo Clima e a Enerxía no proceso de elaboración e aprobación dos seus propios PACES.

Un plan de acción para o clima e a enerxía sustentable consiste na elaboración dun inventario de referencia de emisións GEI e na avaliación de riscos e vulnerabilidades ante o cambio climático. Así, a liña de subvencións promovida pola Consellería de Medio Ambiente, a través da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, axudará aos beneficiarios a sufragar os traballos de asistencia técnica para a elaboración dos mesmos.

Deste xeito, os concellos integran á loita contra o cambio climático como unha das variables que deben ter presente na definición das súas políticas, tanto para reducir os gases de efecto invernadoiro e mellorar a eficiencia enerxética, como para adaptarse ás consecuencias derivadas do quecemento global que está a sufrir o planeta.

Cómpre lembrar que a realización destes plans é un dos compromisos adquiridos polos concellos galegos asinantes do Pacto das Alcaldías para o Clima e a Enerxía, onde un dos seus compromisos é que deberán contar cun PACES no prazo de dous anos desde a data da súa adhesión á iniciativa.

Nese sentido, a Xunta quere apoiar ás entidades locais na realización dos mesmos con estas axudas, cofinanciadas nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) e cuxa contía varía en función da poboación municipal.

Así, o importe das subvencións concedidas ao abeiro desta primeira convocatoria oscila entre os 2.479,34 euros e os 18.150 euros.

Case 10.000 entidades adheridas

O Pacto das Alcaldías polo Clima e a Enerxía foi impulsado no ano 2008 ata converterse no maior movemento de carácter internacional para buscar sinerxías entre distintas administracións fronte ao cambio climático, cunha mención especial ao labor dos concellos pola súa relación directa cos cidadáns. De feito, na actualidade conta xa co respaldo de case 10.000 entidades locais de todo o mundo.

A Xunta traballa como coordinadora do movemento na comunidade, un papel que asumiu en 2017 coa convicción de que os retos globais do cambio climático deben afrontarse desde as vilas e as cidades de xeito unido e partindo da premisa “pensar global, actuar local”.

De feito, o Pacto das Alcaldías está a ter unha moi boa acollida entre os concellos galegos, sobre todo desde a posta en marcha da Oficina Técnica de coordinación e asesoramento, creada en 2018 polo Executivo autonómico e activa desde comezos do ano pasado. Nestes momentos, son xa 224 as entidades locais adheridas, unha cifra que segue crecendo.

A proximidade á cidadanía que teñen os concellos convérteos nunha peza clave para avanzar no proceso de transición enerxética que promove Europa. Por iso, coa súa adhesión voluntaria ao movemento asumen unha serie de compromisos, entre os que cómpre subliñar a redución das emisións de CO2 no seu territorio nun 40% ata o ano 2030, a implantación de medidas de adaptación ao cambio climático e o aumento da súa resiliencia fronte ao mesmo, obxectivos para os que resulta clave dotarse do seu propio PACES.

Por este motivo, a Consellería de Medio Ambiente promoveu nos últimos meses cursos de formación dirixidos ao persoal dos concellos adheridos ao Pacto, ademais de elaborar unha diagnose da situación particular de cada municipio e de convocar a primeira orde de axudas para a elaboración dos seus plans para mitigar o cambio climático. O obxectivo é aproveitar o actual nivel de implicación do municipalismo galego para dar un paso máis e contribuír nos próximos meses a que os concellos adheridos avancen para dotarse das ferramentas necesarias e poder cumprir cos grandes retos globais en materia de cambio climático.

A continuación xuntamos un cadro coa relación de solicitudes que resultaron beneficiarias destas axudas, cuxa publicación está prevista no Diario Oficial de Galicia o 11 de setembro.

ENTIDADE SOLICITANTE
IMPORTE SUBVENCIÓN
ABEGONDO

6.000,00 €

SANTISO

3.000,00 €

MOS

9.000,00 €

ARANGA

3.000,00 €

COSPEITO

4.000,00 €

LOUSAME

4.000,00 €

OUTEIRO DE REI

6.000,00 €

SAN XOÁN DE RÍO

3.000,00 €

SANXENXO

9.000,00 €

O VICEDO

3.000,00 €

CASTRO DE REI

6.000,00 €

ORDES

9.000,00 €

RIBADEO

4.950,00 €

XOVE

4.000,00 €

AS NOGAIS

3.000,00 €

BAÑOS DE MOLGAS

3.000,00 €

CORTEGADA

3.000,00 €

DODRO

3.993,00 €

FERROL

11.979,00 €

MANZANEDA

3.000,00 €

MONDOÑEDO

4.000,00 €

RIOTORTO

3.000,00 €

TOURO

4.000,00 €

A PONTENOVA

4.000,00 €

BERGONDO

6.000,00 €

CAMBRE

11.000,00 €

CARBALLEDA DE AVIA

3.000,00 €

CARBALLO

11.000,00 €

FOLGOSO DO CAUREL

2.999,59 €

SOBER

3.999,05 €

VEDRA

6.000,00 €

O INCIO

2.999,59 €

A GUARDA

5.989,50 €

AGOLADA

4.000,00 €

AMES

11.000,00 €

BECERREÁ

3.993,00 €

BEGONTE

4.000,00 €

MURAS

2.904,00 €

OLEIROS

11.000,00 €

TRABADA

3.000,00 €

VILARIÑO DE CONSO

3.000,00 €

A TEIXEIRA

3.000,00 €

BARREIROS

4.000,00 €

CORCUBIÓN

3.000,00 €

LAZA

3.000,00 €

OIA

3.993,00 €

SOBRADO

3.000,00 €

VILAMARTÍN DE VALDEORRAS

3.000,00 €

BÓVEDA

2.999,59 €

CEDEIRA

6.000,00 €

MESÍA

4.000,00 €

MONDARIZ-BALNEARIO

3.000,00 €

A POBRA DE BROLLÓN

2.999,59 €

PORTAS

3.872,00 €

VIANA DO BOLO

3.993,00 €

AS NEVES

3.993,00 €

ANTAS DE ULLA

2.999,59 €

CAMARIÑAS

6.000,00 €

COIRÓS

3.000,00 €

FISTERRA

4.000,00 €

FOZ

6.000,00 €

MUÍÑOS

2.999,59 €

NOIA

9.000,00 €

PANTÓN

3.999,05 €

RIBAS DE SIL

2.999,59 €

RIÓS

3.000,00 €

TOQUES

3.000,00 €

VIVEIRO

8.797,00 €

O ROSAL

6.000,00 €

BOBORÁS

3.630,00 €

DUMBRÍA

3.999,99 €

LALÍN

10.950,50 €

LOBEIRA

2.999,59 €

MARÍN

11.000,00 €

SALVATERRA DE MIÑO

5.989,50 €

ALLARIZ

6.000,00 €

CHANTADA

5.999,18 €

FRIOL

4.000,00 €

GUITIRIZ

6.000,00 €

MONTERROSO

3.993,00 €

POIO

8.954,00 €

AS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ

9.000,00 €

VILAR DE BARRIO

3.000,00 €

LAXE

4.000,00 €

PADRÓN

6.000,00 €

PONTEAREAS

11.000,00 €

SADA

9.000,00 €

SAN CRISTOVO DE CEA

2.999,59 €

A BOLA

2.479,34 €

BANDE

3.000,00 €

BRIÓN

5.196,95 €

CAMBADOS

8.954,00 €

CARNOTA

4.000,00 €

CERVO

4.000,00 €

COLES

3.993,00 €

MAÑÓN

3.000,00 €

MELÓN

3.000,00 €

MIÑO

5.989,50 €

MONDARIZ

4.000,00 €

PEREIRO DE AGUIAR

6.000,00 €

PORTOMARÍN

2.999,59 €

RAIRIZ DE VEIGA

3.000,00 €

SANTA COMBA

6.000,00 €

TRIACASTELA

3.000,00 €

VALGA

5.747,50 €

VILABOA

5.983,00 €

ZAS

4.000,00 €

A CORUÑA

18.150,00 €

CARTELLE

3.000,00 €

CENLLE

3.000,00 €

CURTIS

4.000,00 €

MEIRA

3.000,00 €

QUINTELA DE LEIRADO

3.000,00 €

SAN CIBRAO DAS VIÑAS

6.000,00 €

TORDOIA

3.999,99 €

VAL DO DUBRA

4.000,00 €

A LARACHA

9.000,00 €

ARBO

4.000,00 €

CABANA DE BERGANTIÑOS

4.000,00 €

CABANAS

4.000,00 €

CALVOS DE RANDÍN

3.000,00 €

CORISTANCO

4.840,00 €

COVELO

4.000,00 €

MOECHE

2.994,80 €

MORAÑA

4.000,00 €

NARÓN

8.400,00 €

NOGUEIRA DE RAMUÍN

3.000,00 €

ARNOIA

3.000,00 €

QUIROGA

4.000,00 €

RIBADUMIA

5.747,50 €

RODEIRO

3.993,00 €

SANTIAGO DE COMPOSTELA

14.999,16 €

TABOADELA

3.000,00 €

TRAZO

4.000,00 €

VEREA

3.000,00 €

A ILLA DE AROUSA

3.950,00 €

A PEROXA

3.000,00 €

A RÚA

4.000,00 €

ALFOZ

3.000,00 €

BOQUEIXÓN

4.000,00 €

CANGAS

4.840,00 €

CARRAL

6.000,00 €

CEE

5.750,00 €

FENE

9.000,00 €

MUROS

6.000,00 €

MUXÍA

3.751,00 €

OUTES

6.000,00 €

PADERNE

4.000,00 €

PORTO DO SON

6.000,00 €

PUNXÍN

3.000,00 €

RIBEIRA

11.000,00 €

SILLEDA

6.000,00 €

VILARMAIOR

3.000,00 €

XUNQUEIRA DE ESPADANEDO

3.000,00 €

O BOLO

3.000,00 €

O IRIXO

3.000,00 €

CELANOVA

6.000,00 €

CULLEREDO

11.000,00 €

GOMESENDE

3.000,00 €

LÁNCARA

3.200,45 €

MELIDE

6.000,00 €

PAZOS DE BORBÉN

3.999,05 €

PONTE CALDELAS

6.000,00 €

RIANXO

5.989,50 €

SALCEDA DE CASELAS

6.000,00 €

SOUTOMAIOR

5.995,55 €

TOÉN

4.000,00 €

TOMIÑO

8.712,00 €

TUI

9.000,00 €

VIMIANZO

6.000,00 €

XINZO DE LIMIA

6.000,00 €

AGRUPACIÓN MASIDE E O CARBALLIÑO (MASIDE)

4.000,00 €

AGRUPACIÓN MASIDE E O CARBALLIÑO (O CARBALLIÑO)

9.000,00 €

A ESTRADA

11.000,00 €

A POBRA DO CARAMIÑAL

6.000,00 €

A PORQUEIRA

3.000,00 €

BARBADÁS

9.000,00 €

BETANZOS

9.000,00 €

CALDAS DE REIS

6.000,00 €

CERDIDO

3.000,00 €

CUNTIS

3.993,00 €

ENTRIMO

3.000,00 €

OROSO

6.000,00 €

RAMIRÁS

2.980,00 €

ROIS

4.000,00 €

SAN SADURNIÑO

3.993,00 €

O GROVE

7.790,00 €

TOTAL
956.377,96 €

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 05/09/2020