A Xunta continúa a vindeira semana os traballos de roza e limpeza nas marxes de distintas estradas autonómicas das provincias de Lugo e Ourense e da comarca de Ferrol

Estas intervencións están a levarse a cabo na vía de alta capacidade CG 2.2, en Lugo e no Corgo; na estrada LU-862, entre O Vicedo e Viveiro, así como na autovía AG-64, entre Vilalba e Xermade

Seguen avanzando as tarefas nas vías da provincia de Ourense: OU-404, en Cartelle e na conexión da autovía A-52 coa N-525, en San Cibrao das Viñas

Tamén segue a traballarse na vía de alta capacidade VG 1.2, Ares-Mugardos

As actuacións céntranse na retirada de especies pirófilas e nas rozas nas marxes das estradas, así como no acondicionamento das sendas para o tránsito peonil

Os obxectivos destes labores son potenciar o efecto cortalumes das estradas, aumentar a seguridade viaria e fomentar a mobilidade segura e sustentable

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2020

A Xunta continuará a vindeira semana os traballos de roza e limpeza nas marxes de distintas estradas autonómicas das provincias de Lugo e Ourense e da comarca de Ferrol.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da empresa pública Seaga, está a realizar estas tarefas de acondicionamento nas franxas de dominio público de máis de 30 vías autonómicas das catro provincias para previr lumes e reforzar a seguridade viaria.

Estas obras están a levarse a cabo na vía de alta capacidade CG 2.2, en Lugo e no Corgo; na estrada LU-862, entre O Vicedo e Viveiro, así como na autovía AG-64, entre Vilalba e Xermade.

Tamén continúan os traballos nas vías da provincia de Ourense: OU-404, en Cartelle, e na conexión da autovía A-52 coa N-525, en San Cibrao das Viñas.

Na comarca de Ferrol segue a traballarse na vía de alta capacidade VG 1.2, en Ares e Mugardos.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da empresa pública Seaga, vén realizando desde maio o acondicionamento nas franxas de dominio público en máis de 30 vías autonómicas das catro provincias, para previr lumes e reforzar a seguridade viaria.

As tarefas céntranse na retirada de especies pirófilas, aquelas que son máis propensas á propagación do lume, coa fin de previr incendios forestais.
Tamén se acometen rozas para completar o traballo ordinario de conservación das estradas e reducir progresivamente o uso de herbicidas, dando cumprimento a un acordo parlamentario.

Ademais, realízase o acondicionamento de zonas verdes e sendas peonís, para que estean en condicións axeitadas, pensando no incremento de uso que experimentan nesta época estival.

As intervencións teñen como obxectivos potenciar o efecto cortalumes das estradas; aumentar a seguridade viaria, cunha maior visibilidade; e fomentar unha mobilidade máis segura e sustentable mediante as sendas e zonas verdes para o tránsito peonil.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 13/09/2020