Estabilizado o incendio forestal do concello lucense de Quiroga, parroquia do Hospital

Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de arredor de 40 hectáreas

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2020

A Consellería do Medio Rural informa de que quedou estabilizado ás 09,36 h. desta mañá o lume rexistrado no concello lucense de Quiroga, parroquia do Hospital.

O incendio iniciouse ás 00,03 h. de onte e, segundo as últimas estimacións, afecta provisionalmente arredor de 40 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse ata o de agora 11 axentes, 32 brigadas, 20 motobombas, 1 pa, 7 helicópteros e 6 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.
 

Departamento: C. do Medio Rural
Data de actualización: 12/09/2020