A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19,00 h de hoxe

Permanecen activos os lumes de Lobios-Río Caldo (2.000 ha no Parque Natural do Xurés), Vilariño de Conso-Sabuguido (2.000 ha), Cualedro-Montes (1.300 ha), Vilar de Barrio-Rebordechau (700 ha), Chandrexa de Queixa-Queixa (500 ha), Rairiz de Veiga-Sabariz (300 ha), Vilardevós-Vilar de Cervo (300 ha), Manzaneda-Cernado (200 hectáreas), Manzaneda-Paradela (120 ha), A Mezquita-Cádavos (100 ha), Laza-Camba (60 ha) e Muíños-Requiás (6 ha no Parque do Xurés)

Estabilizados os lumes dos concellos de Ribas de Sil-Peites (60 ha) e A Gudiña-Pentes (150 ha)

Controlado o incendio do municipio de Maceda-Castro de Escuadro (130 hectáreas)
 

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2020

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19,00 h. de hoxe.

ACTIVOS

Lobios

Dende as 19,40 h. do sábado está activo un lume no municipio ourensán de Lobios, parroquia de Río Caldo, que afecta o Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés. Segundo as últimas estimacións, este incendio afecta unhas 2.000 hectáreas. Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. Para a súa extinción mobilizáronse ata o de agora 1 técnico, 11 axentes, 32 brigadas, 14 motobombas, 1 pa, 11 helicópteros e 5 avións. Tamén colaboraron efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Vilariño de Conso

Continúa activo, desde as 02,22 horas do domingo, o lume do concello ourensán de Vilariño de Conso, parroquia de Sabuguido, que segundo as últimas estimacións afecta unhas 2.000 hectáreas. Para o seu control lévanse mobilizado 13 axentes, 23 brigadas, 13 motobombas, 4 pas, 14 helicópteros e 9 avións.

Cualedro

Desactivada a Situación 2 no incendio rexistrado no concello ourensán de Cualedro, parroquia de Montes, ao non haber perigo para núcleos de poboación. O incendio iniciouse ás 14,48 h. do domingo e, segundo as últimas estimacións, afecta unhas 1.300 hectáreas. Para o seu control mobilizáronse 8 axentes, 16 brigadas, 11 motobombas, 5 pas, 6 helicópteros e 4 avións. Tamén colaboraron efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Vilar de Barrio

Continúa activo, dende as 11,52 h. do sábado, o lume rexistrado no concello ourensán de Vilar de Barrio, parroquia de Rebordechau. De acordo coas últimas estimacións provisionais, afecta unha superficie de arredor de 700 hectáreas. Para o seu control mobilizáronse polo de agora 12 axentes, 34 brigadas, 17 motobombas, 2 pas, 11 helicópteros e 14 avións.

Chandrexa de Queixa

Está activo desde as 16,07 h. do domingo un lume na parroquia de Queixa, concello de Chandrexa de Queixa, e que afecta provisionalmente unha superficie dunhas 500 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse ata o de agora 1 técnico, 5 axentes, 14 brigadas, 6 motobombas, 2 pas e 3 helicópteros.

Rairiz de Veiga

Permanece activo o lume rexistrado no concello de Rairiz de Veiga, parroquia de Sabariz, tras comezar ás 13,44 h. do domingo. Segundo as últimas estimacións, este incendio afecta unhas 300 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse 13 axentes, 22 brigadas, 19 motobombas, 2 pas e 9 avións. Tamén colaboraron efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Vilardevós

Activo desde as 1,04 h. desta madrugada un lume en Vilardevós, parroquia de Vilar de Cervo. Segundo as primeiras estimacións, a superficie afectada é dunhas 300 hectáreas. No seu control participan 10 axentes, 16 brigadas, 15 motobombas, 3 pas e 8 helicópteros.

Manzaneda

Activo desde as 5,32 h. un lume no concello de Manzaneda, parroquia de Cernado, que afecta provisionalmente unhas 200 hectáreas de superficie. No seu control traballan diversos medios terrestres.

Tamén permanece activo desde as 2,40 h. desta madrugada outro lume neste concello, na parroquia de Paradela, ao que se lle uniu un terceiro rexistrado na parroquia de San Martiño, o que evidencia a clara intencionalidade nos lumes deste concello. Entre os dous suman unha superficie provisional dunhas 120 hectáreas. No lugar están traballando 8 axentes, 20 brigadas, 12 motobombas, 2 avións e 3 helicópteros.

A Mezquita

Activo dende as 12,24 h. deste mediodía un lume procedente de Zamora que, segundo as primeiras estimacións, afecta unhas 100 hectáreas do concello ourensán da Mezquita, parroquia de Cádavos. Para a súa extinción lévanse mobilizado ata o de agora 3 axentes, 6 brigadas, 3 motobombas e 2 helicópteros.

Laza

Segue activo desde as 20,29 h. do sábado o incendio do municipio ourensán de Laza, parroquia de Camba, e que afecta arredor de 60 hectáreas, segundo as últimas estimacións provisionais. Para a súa extinción mobilizáronse ata o de agora 5 axentes, 14 brigadas, 3 motobombas, 2 pas e 4 avións.

Muíños

Está activo, dende as 13,29 h. de hoxe, un lume no municipio ourensán de Muíños, parroquia de Requiás, que afecta o Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés. Este incendio iniciouse en dous focos diferentes e simultáneos, o que dá idea de clara intencionalidade. De acordo coas últimas estimacións, afecta unha superficie de 6 hectáreas. Polo de agora, para o seu control lévanse mobilizado 2 axentes, 3 brigadas, 4 motobombas e 3 helicópteros.


ESTABILIZADOS

Ribas de Sil

Estabilizado desde as 16,12 h. o incendio rexistrado no municipio lugués de Ribas de Sil, parroquia de Peites. Este lume iniciábase ás 1,44 h. desta madrugada en 4 focos simultáneos, o que evidencia tamén a intencionalidade neste caso. Segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie de máis de 60 hectáreas. No seu control levan traballado 2 axentes, 19 brigadas, 11 motobombas, 1 pa e 1 helicóptero.

A Gudiña

Estabilizado ás 10,23 h. o lume que se rexistraba ás 20,47 h. do sábado no concello ourensán da Gudiña, parroquia de Pentes. As últimas estimacións provisionais indican que rolda as 150 hectáreas de superficie afectada. Para o seu control mobilizáronse polo de agora 1 técnico, 8 axentes, 18 brigadas, 12 motobombas, 1 pa e 3 helicópteros.

CONTROLADO

Maceda

Neste concello quedaron controlados ás 17,47 h. desta tarde os dous lumes que se iniciaron simultaneamente na parroquia de Castro de Escuadro ás 15,04 h. do domingo, o que indica unha clara intencionalidade. Entre os dous afectan unha superficie aproximada de 130 hectáreas. Para o control destes dous lumes mobilizáronse ata o momento 9 axentes, 12 brigadas, 10 motobombas e 3 pas.


A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.
 

Departamento: C. do Medio Rural
Data de actualización: 14/09/2020