A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19,30 h de hoxe

Seguen activos, aínda que evolucionan favorablemente, os lumes de Vilariño de Conso-Sabuguido (2.000 hectáreas), Lobios-Río Caldo (2.000 ha no Parque Natural do Xurés), Chandrexa de Queixa-Queixa (500 ha), Manzaneda-Cernado (450 hectáreas), Manzaneda-Paradela (400 ha), A Mezquita-Cádavos (450 ha), Rairiz de Veiga-Sabariz (300 ha) e Montederramo-Gabín (30 ha)

Estabilizados os incendios de Vilar de Barrio-Rebordechau (700 ha), Cualedro-Montes (un de 1.300 ha e outro de 80 ha) e Muíños-Requiás (11 ha no Parque do Xurés)

Permanecen controlados os lumes de Vilardevós-Vilar de Cervo (296,29 ha) e A Pobra de Trives-Pena Petada (50 ha)

Extinguidos os lumes de Laza-Camba (49,13 ha), A Gudiña-Pentes (149 ha) e Ribas de Sil-Peites (53,01 ha)

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2020

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19,30 h. de hoxe.

ACTIVOS

Vilariño de Conso

O incendio rexistrado ás 2,22 h. do domingo no municipio de Vilariño de Conso, parroquia de Sabuguido, continúa activo e, segundo as últimas estimacións, afecta unhas 2.000 hectáreas. Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. Para o control deste lume lévanse mobilizado 20 axentes, 38 brigadas, 17 motobombas, 4 pas, 18 helicópteros e 9 avións, así como efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Lobios

Dende as 19,40 h. do sábado permanece activo o lume do municipio ourensán de Lobios, parroquia de Río Caldo, que afecta provisionalmente unhas 2.000 hectáreas do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. Para a súa extinción mobilizáronse ata o de agora 1 técnico, 32 axentes, 77 brigadas, 46 motobombas, 1 pa, 13 helicópteros e 8 avións. Tamén colaboraron efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Chandrexa de Queixa

Está activo desde as 16,07 h. do domingo o lume da parroquia de Queixa, concello ourensán de Chandrexa de Queixa, que afecta provisionalmente unhas 500 hectáreas. Na súa extinción levan traballado ata o de agora 1 técnico, 12 axentes, 28 brigadas, 10 motobombas, 2 pas, 12 helicópteros e 2 avións.

Manzaneda

Activo desde as 5,32 h. do luns o lume do municipio ourensán de Manzaneda, parroquia de Cernado, que afecta provisionalmente unhas 450 hectáreas de superficie. No seu control levan traballado 1 técnico, 8 axentes, 17 brigadas, 6 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 10 avións.

Tamén permanece activo desde as 2,40 h. do luns outro lume neste municipio, na parroquia de Paradela, ao que se lle uniu un terceiro rexistrado na parroquia de San Martiño, o que evidencia a clara intencionalidade. Entre os dous suman unha superficie provisional dunhas 400 hectáreas. No lugar están traballando 1 técnico, 20 axentes, 43 brigadas, 27 motobombas, 2 pas, 8 helicópteros e 4 avións.

A Mezquita

Activo dende as 12,24 h. do luns o lume procedente de Zamora que, segundo as últimas estimacións provisionais, afecta unhas 450 hectáreas do concello ourensán da Mezquita, parroquia de Cádavos. Para a súa extinción lévanse mobilizado ata o de agora 7 axentes, 22 brigadas, 9 motobombas, 2 pas, 3 helicópteros e 4 avións.

Rairiz de Veiga

Permanece activo o lume rexistrado no municipio ourensán de Rairiz de Veiga, parroquia de Sabariz, tras comezar ás 13,44 h. do domingo. Segundo as últimas estimacións, afecta unhas 300 hectáreas provisionais. Para a súa extinción mobilizáronse 24 axentes, 44 brigadas, 33 motobombas, 2 pas, 1 helicóptero e 9 avións. Tamén colaboraron efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Montederramo

Activo dende as 21,20 h. do luns o lume do municipio ourensán de Montederramo, parroquia de Gabín, que rolda as 30 hectáreas provisionais. Para o seu control lévanse mobilizado 14 axentes, 22 brigadas, 12 motobombas, 1 pa, 7 helicópteros e 6 avións.


ESTABILIZADOS

Cualedro

Estabilizados ás 18,29 h. os dous incendios rexistrados no concello de Cualedro, parroquia de Montes. O meirande dos lumes iniciouse ás 14,48 h. do domingo e, segundo as últimas estimacións provisionais, afecta unhas 1.300 hectáreas. Para o seu control mobilizáronse ata o momento 1 técnico, 26 axentes, 39 brigadas, 25 motobombas, 5 pas, 8 helicópteros e 4 avións, así como efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

O segundo dos incendios comezou ás 3,04 h. do luns e afecta, segundo as últimas medicións provisionais, unhas 80 hectáreas. Para o seu control mobilizáronse ata o de agora 8 axentes, 8 brigadas, 10 motobombas e 5 helicópteros.

Vilar de Barrio

Segue estabilizado, dende as 19,35 h. do luns, o lume que se iniciou o sábado no concello ourensán de Vilar de Barrio, parroquia de Rebordechau. De acordo coas últimas estimacións provisionais, afecta unha superficie de arredor de 700 hectáreas. Para o seu control mobilizáronse polo de agora 14 axentes, 34 brigadas, 17 motobombas, 2 pas, 11 helicópteros e 14 avións.

Muíños

Permanece estabilizado, dende as 21,00 h. do luns, o lume do concello ourensán de Muíños, parroquia de Requiás, que afecta provisionalmente unhas 11 hectáreas do Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés. Este incendio iniciouse en dous focos diferentes e simultáneos, o que apunta a unha clara intencionalidade. Polo de agora, para o seu control lévanse mobilizado 3 axentes, 10 brigadas, 6 motobombas, 4 helicópteros e 2 avións.


CONTROLADOS

Vilardevós

Controlado ás 14,30 h. o lume do concello ourensán de Vilardevós, parroquia de Vilar de Cervo. Segundo novas estimacións, a superficie afectada provisional é de 296,29 hectáreas de monte raso. No seu control participaron ata o momento 26 axentes, 34 brigadas, 25 motobombas, 4 pas e 8 helicópteros.

A Pobra de Trives

Segue tamén controlado, dende as 2,01 h. do martes, o lume que se iniciara o luns no concello ourensán da Pobra de Trives, parroquia de Pena Petada, que afecta unhas 50 hectáreas provisionais. No seu control levan traballado ata o momento 2 axentes, 2 brigadas, 2 motobombas e 1 helicóptero.


EXTINGUIDOS

Ribas de Sil

Extinguido ás 18,42 h. o incendio do municipio lugués de Ribas de Sil, parroquia de Peites. Este lume iniciábase a madrugada do luns en 4 focos simultáneos, o que evidencia tamén a intencionalidade. A superficie afectada foi de 53,01 hectáreas, das cales 10,48 son arboradas e 42,53 de monte raso. Na súa extinción participaron 5 axentes, 30 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 1 helicóptero e 2 avións.

A Gudiña

Extinguido ás 16,09 h. o lume que se rexistrara o sábado no municipio ourensán da Gudiña, parroquia de Pentes. A superficie afectada foi de 149 hectáreas, das cales 8 son de monte arborado e o resto de monte raso. Na súa extinción participaron 1 técnico, 10 axentes, 19 brigadas, 13 motobombas, 1 pa e 3 helicópteros.

Laza

Extinguido ás 15,27 h. o lume rexistrado o sábado no municipio ourensán de Laza, parroquia de Camba, que afectou unha superficie de 49,13 hectáreas de monte raso. Na súa extinción traballaron 6 axentes, 17 brigadas, 3 motobombas, 3 pas e 4 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Data de actualización: 16/09/2020