Sanidade lembra a obrigatoriedade de inscribirse no rexistro de viaxeiros ás persoas que visiten Galicia

Os visitantes que procedan de territorios cunha alta incidencia epidemiolóxica deberán rexistrarse no prazo de 24 horas desde a súa chegada

Poderán facelo mediante o formulario dispoñible na web do Sergas ou mediante unha chamada telefónica ao 881 00 20 21

Galicia é a terceira Comunidade Autónoma con menor incidencia acumulada nos últimos 14 días

Santiago de Compostela, 9 de outubro 2020

A consellería de Sanidade lembra que todos os viaxeiros que cheguen a Galicia e que estiveran dentro do período de 14 días anteriores á súa chegada en territorios que posúan unha incidencia epidemiolóxica 3’5 veces superior á de Galicia, deberán comunicar os seus datos de contacto ás autorida-des sanitarias, independentemente de que sexan residentes na nosa comunidade ou non.

Con este recordatorio, Sanidade continúa a aplicar a folla de ruta deseñada para acadar unha detección e diagnose precoz de calquera infección por coronavirus, protexendo así a saúde dos cidadáns.

Nestes intres, Galicia é a terceira Comunidade Autónoma con menor incidencia acumu-lada nos últimos 14 días, de acordo cos datos que reflicte o Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitaria do Ministerio de Sanidade.

As persoas que visiten Galicia na vindeira ponte do Pilar, terán un espazo de tempo de 24 horas, desde a súa chegada, para comunicar os seus datos de contacto.

A web da Consellería de Sanidade recolle a listaxe dos territorios cuxa incidencia epi-demiolóxica require desta obriga, podendo ser tanto países extranxeiros coma outras comunidades autónomas. Esta listaxe actualízase quincenalmente, segundo sexa a evo-lución epidemilóxica de cadanseu territorio.

Dúas modalidades para facilitar a información de contacto

Para proporcionar esta información, poderase cubrir o formulario que está dispoñible na web https://coronavirus.sergas.gal/ ou subministrar os datos chamando ao teléfono 881 00 20 21. A todos os viaxeiros faciltaráselles un contacto por se tivesen algún tipo de sintomatoloxía, ben a través do seu médico de cabeceira se son residentes con tar-xeta sanitaria en Galicia, ou a través do número de teléfono anteriormente citado para aqueles que non dispoñan dela.

Tamén se lles proporcionará información e recomendacións sanitarias e poderán adoptarse as medidas de seguimento, recoñecemento e control que se consideren ne-cesarias. Así, por exemplo, no caso de persoas que veñan de territorios cun risco máis alto, independentemente de que teñan sintomatoloxía ou non, podería promoverse a realización dunha proba diagnóstica.

Cómpre destacar que a atención que se considere necesaria polos profesionais do Ser-vizo Galego de Saúde, non terán custo para as persoas que a precisen, incluíndo a reali-zación de probas diagnósticas ou, no seu caso, dos tratamentos indicados.

Os establecementos de aloxamento turístico estarán obrigados a informar desta medi-da aos seus clientes; así como os responsables de axencias de viaxe, operadores turís-ticos, compañías de transporte aéreo ou marítimo e outros axentes similares ao incio do proceso de venda dos billetes. Así mesmo deberán facelo ás empresas, que despracen aos seus traballadores por motivos laborais.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 09/10/2020