Gonzalo Trenor traslada ao presidente da Confederación de Empresarios da Coruña a súa vontade de colaboración para seguir apoiando o tecido produtivo coruñés
A Coruña, 14 de outubro de 2020

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, mantivo unha reunión de traballo co presidente da Confederación de Empresarios da Coruña, Antonio Fontela, para avaliar os diferentes proxectos que a entidade ten en marcha co obxectivo de potenciar o sector empresarial desta cidade e da súa área de influencia.

Así, Trenor trasladou a súa vontade como novo delegado da Xunta de seguir colaborando para lograr, coa suma de esforzos, poñer en valor todo o traballo que o tecido empresarial coruñés está facendo co apoio da Xunta para favorecer a chegada de novos proxectos industriais a Galicia. Así, o representante do Goberno autonómico salientou a importancia do traballo conxunto entre empresas e administracións para que a economía galega gañe en competitividade e consiga superar os difíciles momentos provocados pola crise do coronavirus.

O delegado da Xunta lembrou que a Xunta ten abertas neste momento dúas colaboracións directas con esta entidade a través dun Plan Integrado de Emprego, cun investimento de máis de 250.000 euros e dous cursos de seguridade informática e de desenvolmento de aplicacións con tecnoloxía web, con achegas de máis de 45.000 euros e máis de 50.000 euros, respectivamente.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 14/10/2020