Trenor aposta por protexer e dar a coñecer o esteiro do Anllóns para convertelo nun referente turístico de calidade
Ponteceso (A Coruña), 17 de outubro de 2020

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, participou esta mañá no foro de desenvolvemento rural na contorna do Esteiro do Anllóns, organizado pola Fundación Eduardo Pondal, La Voz de Galicia e a Fundación Juana de Vega.

O representante do Goberno autonómico destacou que o río Anllóns e, máis en concreto o seu esteiro, forma un espazo natural dunha gran riqueza, no que sobresaen o seu valor paisaxístico e a súa riqueza ornitolóxica. Neste senso destacou que “o esteiro, como Doñana, ten moitas posibilidades de converterse nun referente turístico de calidade, pero o primeiro que debemos facer é protexelo e dalo a coñecer e foros coma estes contribúen a facelo posible”.

O delegado territorial puxo en valor o traballo dos organizadores porque levan anos traballando dende os seus respectivos ambitos a prol da cultura, da difusión e do coñecemento dos valores da nosa terra, de Galicia.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 17/10/2020