O conselleiro de Sanidade inaugura o XXII Curso de Investigación en Psiquiatría no que participan máis de 100 expertos relacionados coa saúde mental
Vigo, 16 de outubro de 2020

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, inaugurou hoxe o XXII Curso de Investigación en Psiquiatría, organizado pola Asociación Galega de Psiquiatría no hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, e que este ano versou sobre Investigación en Psiquiatría en tempos de Pandemia.

Neste curso, cun formato híbrido online-presencial, participaron máis de 100 expertos de todo o territorio nacional relacionados coa saúde mental, entre psiquiatras, psicólogos, biólogos, neurólogos e profesionais de enfermaría.

Os expertos abordaron cuestións como as relacións entre infeccións, sistema inmune, sistema nervioso e síntomas psiquiátricos; os datos de síntomas psiquiátricos que provoca o virus; e consecuentemente, das causas de que algúns fármacos empregados en psiquiatría (e máis concretamente o litio) poidan ser útiles no tratamento da covid-19.
 

Imaxes relacionadas
Departamento: C. de Sanidade
Data de actualización: 16/10/2020