A Xunta formará de forma telemática a 24 traballadores e axentes ambientais sobre a nova Lei de patrimonio natural
Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2020

Un total de 24 traballadores da Xunta recibirán formación online sobre a Lei 5/2019 do Patrimonio Natural e da Biodiversidade de Galicia e as ferramentas que ofrece para poder realizar o seu labor ao persoal encargado na comunidade de velar pola conservación e protección dos espazos naturais.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, participou esta tarde na inauguración do curso, do que salientou a aplicación práctica que terá no traballo diario dos participantes, na súa inmensa maioría, vixiantes e axentes medioambientais. “Xogades un papel importantísimo na conservación do noso patrimonio natural”, asegurou, antes de agradecerlles o seu labor e animalos a seguir formándose e actualizándose.

A actividade, organizada pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP), terá unha duración total de 15 horas e será impartida de forma totalmente telemática por profesionais da Dirección Xeral de Patrimonio Natural.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 16/11/2020