O Servizo Galego de Saúde pacta con CCOO, SATSE e CSI-CSIF o Plan de continxencia covid-19 en materia de recursos humanos

O novo contrato por emerxencia sanitaria terá unha duración mínima de 6 meses

Ofertaránse ás listas de emprego 1.200 contratos

O Plan contempla medidas de teletraballo e flexibilidade horario durante a emerxencia sanitarias

Entre as súas novidades destacan os permisos adicionais e maiores descansos durante a xornada por atención de pacientes covid
 

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2020

O Servizo Galego de Saúde mantivo esta tarde unha xuntanza coa Mesa Sectorial de Sanidade, na que tralas negociacións se procedeu a aprobar o Pacto que recolle o Plan de continxencia COVID-19 en materia de recursos humanos do Servizo Galego de Saúde. A reunión estivo presidida pola directora xeral de Recursos Humanos do Sergas, Ana María Comesaña Álvarez.

O Pacto foi aprobado co apoio das organizacións sindicais CCOO, CSIF e SATSE que representan a maioría da Mesa Sectorial.

Por medio deste Plan, o Sergas pretende acadar o obxectivo de dar resposta a situacións como a actual de pandemia sanitaria, con recursos humanos suficientes ante os gromos e novas ondas epidémicas, ademias de recoñecer o esforzo dos profesionais que desempeñan o seu labor en primera liña da covid-19. O Pacto incorpora dun xeito ordenado, 17 medidas extraordinarias, en materia de persoal, vencelladas á situación de pandemia.

Medidas do Plan

Entre as medidas que recolle o Plan destaca a creación dunha nova modalidade de contrato que se denomina nomeamento eventual por emerxencia sanitaria, co que se dará resposta ás flutuacións da demanda asistencial e estabilidade no emprego en categorías de persoal vencellado coa pandemia. A súa duración inicial será de seis meses e poderá prorrogarse.

O novo Plan contempla que se poidan realizar até 1.200 contratos, de entre seis meses e un ano, nas distintas categorías que se distribuíran entre as sete áreas sanitarias.

Destes, uns 750 contratos serán para a categoría de persoal de enfermería, incluíndo persoal especialista. Así mesmo, prevese realizar nomeamentos de emerxencia sanitaria en categorías como as de técnico superior nas distintas especialidades de laboratorio e radiodiagnóstico, técnico en coidados auxiliares de enfermaría, prevención de riscos, persoal da administración de atención primaria e hospital e celador, todos eles coa mesma duración mínima de seis meses.

Estableceranse novas medidas de cara á contar cunha dispoñibilidade real de persoas naquelas listas de selección temporal do Sergas con déficit de persoal, como por exemplo na categoría de enfermaría, na que se outorgará unha puntuación adicional en baremos de listas por cada mes completo. Dita puntuación outorgarase dende o 1 de marzo de 2020 e durante a pandemia.

Deste xeito, o Servizo Galego de Saúde recoñece o esforzo daqueles traballadores que estiveron dispoñibles durante a pandemia e que o siguen estando até a finalización do estado de alarma, adaptándose aos novos requirimentos da organización e as necesidades urxentes durante os meses máis duros da pandemia, como foi o caso daquelas persoas que non rexeitaron o chamamento do Sergas e estiveron dispostos a apoiar ás residencias sociosanitarias e os centros de discapacitados, entre outros. Sen prexuizo das suspensións xustificadas como as derivadas de IT, maternidad e outras.

Por outra parte, o Plan tamén recoñece un permiso adicional compensatorio para o persoal que presta servizos en primeira liña COVID, como é o caso do persoal das plantas de hospitalización COVID, das Unidades de Críticos, dos circuítos COVID de atención primaria e hospitalaria, e o persoal asistencial do 061.

Así, o Segas dá resposta á demanda sindical, tendo o persoal dereito a gozar de até tres días adicionais de libranza en función do tempo traballado. Ademais, xunto co permiso adicional, estes traballadores poderán gozarde pausas adicionais no traballo.

Valoración dos servizos durante a pandemia na carreira profesional

No ámbito da carreira profesional, pactouse a negociar a valoración dos servizos prestados durante a emerxencia sanitaria, entendendo estes servizos prestados como un claro compromiso dos profesionais coa Administración.

Durante a xuntanza, acadouse o compromiso de negociar dun xeito inmediato na Mesa Sectorial unhas bases para a implantación dun réxime de teletraballo e medidas de flexibilidade horaria nas institucións sanitarias do Sistema Público de Saúde de Galicia. Se ben, o propio Plan prevé medidas de teletraballo e flexibilidade de aplicación durante a emerxencia sanitaria, naqueles supostos de confinamento domiciliario ou outros tipo de circunstancias de forza maior.

Na reunión tamén se avanzou a incorporación no proxecto da lei de medidas fiscais e administrativa para o ano 2021, cunha modificación normativa que permitirá que ao persoal do Sergas, e en calquera das súas categorías, percibir a totalidade das súas retribucións, durante os supostos de adaptación de posto de traballo a causa do embarazo ou da lactación natural.

De tal xeito, percibirán o salario que corresponda até acadar a totalidade das retribucións básicas e complementarias de carácter fixo, de acordo "a media das retribucións variables abonadas o ano anterior e ao mes no que comezase a correspondente situación", en concepto de atención continuada derivada das prestacións de gardas, noites e festivos. Con esta medida amplíanse os supostos de garantía de percepción das retribucións durante a situacións relacionadas coa protección da maternidade ou lactación natural.

O Sergas informou ás organizacións sindicais da intención de impulsar cambios normativos que permitan asignar aos aspirantes que se presenten ás oposicións unha puntuación específica pola prestación efectiva de servizos durante a situación de emerxencia sanitaria orixinada polo virus SARS-CoV-2, nos termos que se acorden logo da negociación na Mesa Sectorial.

En conclusión, o Plan recolle un conxunto de medidas de recoñecemento para o persoal que prestou servizos durante o estado de alarma en postos de primeira liña da covid-19, e en ámbitos diversos como son a selección temporal, a carreira profesional, a xornada de traballo e tamén nos futuros baremos de oposicións. Así mesmo, dotará dunha maior estabilidade a 1.200 persoas en diversas categorías.

Por último, cómpre salientar que ademais que se prorrogarán até o mes de marzo do ano 2021, 215 contratos de persoal facultativo e de enfermaría especialista, cumprindose así, un ano de prestación de servizos.
 

Departamento: C. de Sanidade
Data de actualización: 25/11/2020