O Ministerio de Facenda volve situar a Galicia como a segunda comunidade que pagou máis rápido as súas facturas en outubro

O período medio de pago en Galicia foi de 17,31 días, fronte aos 33,17 da media autonómica

A débeda comercial da Administración galega foi tamén a segunda máis baixa de España (0,22%)

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2020

Galicia pechou o mes de outubro sendo a segunda comunidade autónoma que paga máis rápido as súas facturas cun período medio de pago de 17,31 días, só por detrás de Murcia, segundo os datos oficiais publicados hoxe polo Ministerio de Facenda.

Ao peche do mes de outubro, o período medio de pago de Galicia situouse en 17,31 días, case 16 días inferior ao do conxunto das comunidades autónomas que foi de 33,17 días; e por debaixo do límite de 30 días que establece a normativa estatal.

En canto á débeda comercial, os datos do Ministerio de Facenda sitúan tamén a Galicia como a segunda comunidade con menor débeda comercial de España. A ratio débeda/PIB de Galicia situouse no mes de outubro no 0,22%, por debaixo da media autonómica, que foi do 0,41%. A débeda comercial do conxunto de comunidades autónomas era de 4.486 millóns de euros, dos que 127 millóns –o 2,8%- corresponden a Galicia.

Os datos do Ministerio de Facenda volven ratificar que Galicia continúa neste 2020 entre as comunidades que mellor atenden aos seus provedores, axilizando os pagos e evitando problemas de liquidez ás empresas que prestan servizo á Administración galega.

Período Medio de Pago – Outubro 2020 (*CCAA réxime foral)

Murcia
4,63
 
Valencia
     29,24
Galicia
17,31
Navarra*
29,61
Cantabria
18,50
Castilla y León
33,08
País Vasco*
21,86
MEDIA CCAA
33,17
Andalucía
23,06
Asturias
34,06
Canarias
23,15
Aragón
39,68
Extremadura
24,69
Baleares
39,80
La Rioja
27,26
Madrid
41,50
Castilla-La Mancha
28,76
Cataluña
44,19

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 22/12/2020