O delegado territorial da Xunta en Ourense reúnese co alcalde de Entrimo

O novo representante do Goberno autonómico analizou co rexedor do municipio os temas relacionados coa administración autonómica

Ourense, 13 de xaneiro de 2021

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, continúa coa súa rolda de encontros institucionais tras tomar posesión como novo representante da administración autonómica na área territorial.

Nesta ocasión, reuniuse co alcalde do concello de Entrimo, Ramón Alonso, co que analizou as principais demandas deste municipio en relación á administración autonómica.

Gabriel Alén tivo a ocasión de analizar xunto ao seu rexedor temas prioritarios para o municipio en materia de abastecemento, deportivos e infraestruturas agrarias, entre outros.

Así, durante a xuntanza fixeron repaso dos grandes proxectos e necesidades que dependen da Xunta de Galicia.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 13/01/2021