Lorenzana pon en valor o traballo de asesoramento dos graduados sociais de Pontevedra no novo contexto laboral
Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2021

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe en Santiago de Compostela por videoconferencia unha xuntanza co presidente do Colexio Oficial de Graduados Sociais de Pontevedra, Raúl Eugenio Gómez, na que puxo en valor o traballo de asesoramento que estes profesionais están desempeñando no novo contexto laboral, explicando, por exemplo, a nova normativa referida aos expedientes de regulación temporal de emprego.

A Xunta realizou sesións de orientación a colectivos profesionais, entre eles os graduados sociais de Galicia, aclarándolles dúbidas referidas ao novo marco laboral co obxectivo de acompañar e axudar a empresas e persoas traballadoras a afrontar os novos cambios derivados da crise sanitaria.
 

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 22/01/2021