Fabiola García anuncia que en marzo se convocarán as ordes de axuda para poñer en marcha proxectos de voluntariado xuvenil e sénior este ano

En 2020 un total de 48 entidades de acción voluntaria e 36 administracións locais recibiron financiación para impulsar os seus proxectos

O Goberno galego destinou máis de 350.000 euros para actividades como acompañamento en hospitais e residencias, promoción da cultura ou iniciativas de cooperación internacional, entre outras
 

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2021

A conselleira de Política Social, Fabiola
García, anunciou hoxe que no próximo mes de marzo sairán as ordes de axuda para que entidades locais e de acción voluntaria poñan en marcha proxectos de voluntariado xuvenil e sénior en diferentes eidos. Fíxoo esta tarde na reunión por videoconferencia que mantivo con integrantes da Asociación Solidaria de Galicia (Asdegal) para achegarse aos programas que están a desenvolver.

Fabiola García explicou que Asdegal é unha das 48 entidades de acción voluntaria que o ano pasado recibiron financiación por parte da Xunta de Galicia a través de ditas ordes. Ademais, 36 administracións locais diferentes recibiron fondos para poñer en marcha varios programas.

O Goberno galego destinou, así, máis de 350.000 euros a este fin en 2020 para que mozas e mozos de entre 16 e 30 anos, e tamén maiores de 55 anos, realizasen actividades de voluntariado, como acompañamento en hospitais e residencias, promoción da cultura ou iniciativas orientadas á cooperación interxeracional.

Máis de 9000 persoas

A conselleira de Política Social destacou que a Xunta de Galicia quere chegar ao maior número de administracións locais e entidades de voluntariado. Galicia segue sendo unha das comunidades máis solidarias de España, xa que conta con máis de 9000 persoas voluntarias nos programas impulsados polo Goberno galego e con máis de 1000 entidades dadas de alta no Rexistro de Acción Voluntaria.
 

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 22/02/2021