Están orientadas a aquelas persoas que xa posúen os coñecementos necesarios ou que optan pola modalidade autoformativa
Os exames presenciais celebraranse os días 05, 06 e 07 de maio nas aulas CeMIT de 36 concellos de toda Galicia
Este certificado, que emite a Amtega, acredita os coñecementos nesta materia da persoa titular ante calquera instancia pública ou privada
-
-
Compartir
-
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) un total de 410 prazas de carácter libre para a avaliación para a obtención da certificación galega en competencias dixitais en ofimática (CODIX). Esta convocatoria, publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia, está aberta a toda a cidadanía en xeral que, ben pola súa experiencia ou pola súa formación adquirida por diferentes medios xa posúen os coñecementos necesarios das aplicacións informáticas que compoñen o módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» baixo o paquete de LibreOffice.
A inscrición a estas probas remata o sábado 03 de abril e poderá realizarse ben a través de internet ou presencialmente na aula de interese, sendo o único requisito o de ser usuario/a da rede CeMIT, trámite que tamén pode realizarse a través da rede.
As probas presenciais celebraranse os días 05, 06 e 07 de maio en 49 quendas de mañá e tarde e que nesta ocasión vanse a celebrar nas aulas CeMIT dos seguintes 36 concellos, que suman un total de 410 prazas dispoñibles:
Abegondo, Ames, Betanzos, Boiro, Brión, Cerceda, A Coruña, Fisterra, Oroso, Ortigueira, Pontedeume, Ribeira, Santa Comba, Santiago de Compostela e Vimianzo na provincia de A Coruña; Barreiros, Carballedo, Guitiríz, Lugo, Monterroso e O Vicedo na provincia de Lugo; O Barco e Celanova na provincia de Ourense; e Campo Lameiro, A Cañiza, Cuntis, A Estrada, Lalín, Marín, Moaña, Poio, Pontevedra, Tomiño, Valga, Vigo e Vilagarcía de Arousa na provincia de Pontevedra.
Entre as persoas inscritas provisionalmente realizarase un sorteo para establecer a orde de prelación para poder efectuar a matrícula para as probas en cada quenda, no caso de que existan mais solicitantes que prazas convocadas nas diferentes aulas que realizarán as probas presenciais.
Avaliación
Para obter o CODIX é preciso superar un exame de 50 preguntas tipo test referidas aos contidos do Plan Formativo Ofimático de Galicia, composto polas cinco unidades nas que se estrutura o módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» do Repertorio Nacional de certificados de profesionalidade:
• Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico
• Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais. LibreOffice Base
• Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información. LibreOffice Impress
• Aplicacións informáticas de tratamento de textos. LibreOffice Writer.
• Aplicacións informáticas de follas de cálculo. LibreOffice Calc
Os materiais formativos que compoñen estes cursos foron elaborados seguindo as boas prácticas recollidas na Guía de boas para a publicación de obras documentais da Xunta de Galicia e poden ser seguidos libremente na súa modalidade de autoformación dentro da plataforma de teleformación da rede CeMIT http://cemit.xunta.gal/ema, na que se poden consultar tanto os contidos específicos dos diversos módulos que compoñen o CODIX como diversos casos prácticos e test de exemplo
Máis de 1.500 prazas programadas para o ano 2021
Esta convocatoria forma parte do Plan de Formación da rede CeMIT para este ano 2021, que terá a súa continuación no próximo semestre con novas convocatorias dun curso de teleformación titorizada con exame final e outra convocatoria de probas presenciais na modalidade autoformativa
Dende a habilitación da rede CeMIT para a formación e avaliación dos contidos formativos do CODIX en maio de 2014, foron máis de 9.610 as prazas convocadas nas súas diferentes modalidades (2.839 en cursos de teleformación titorizada e 6.802 en probas presenciais de acceso libre) e 4.200 as persoas que obtiveron a certificación emitida por parte da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia despois de superar as probas convocadas nas aulas da rede CeMIT.
A estes datos hai que engadir as mais de 300 actividades e cursos en ofimática en software libre que veñen realizando as diferentes aulas de forma presencial durante o último ano como preparación orientada á presentación para estas probas libres, así como os 2.500 accesos aos contidos específicos do CODIX aloxados na plataforma de teleformación a través de internet (http://cemit.xunta.es/ema) e abertos para ser consultados en calquera momento.
Calendarización das probas
As probas de avaliación presencial que se convocan desenvolveranse os días 05, 06 e 07 de maio de acordo co seguinte calendario:
LOCALIDADE | PROVINCIA | DÍA | HORA | Nº PRAZAS |
Ames | Coruña, A | Mércores, 5 de maio | 10:00 | 7 |
Abegondo | Coruña, A | Mércores, 5 de maio | 10:00 | 10 |
Betanzos | Coruña, A | Mércores, 5 de maio | 10:00 | 10 |
Coruña, A - Eirís | Coruña, A | Mércores, 5 de maio | 10:00 | 10 |
Vimianzo | Coruña, A | Mércores, 5 de maio | 10:00 | 6 |
Barreiros | Lugo | Mércores, 5 de maio | 10:00 | 6 |
Lugo | Lugo | Mércores, 5 de maio | 10:00 | 8 |
Campo Lameiro | Pontevedra | Mércores, 5 de maio | 10:00 | 6 |
Tomiño | Pontevedra | Mércores, 5 de maio | 10:00 | 9 |
Vilagarcía | Pontevedra | Mércores, 5 de maio | 10:00 | 10 |
LOCALIDADE | PROVINCIA | DÍA | HORA | Nº PRAZAS |
Ames | Coruña, A | Xoves, 6 de maio | 10:00 | 7 |
Boiro | Coruña, A | Xoves, 6 de maio | 10:00 | 10 |
Oroso | Coruña, A | Xoves, 6 de maio | 10:00 | 10 |
Pontedeume | Coruña, A | Xoves, 6 de maio | 10:00 | 8 |
Ribeira | Coruña, A | Xoves, 6 de maio | 10:00 | 8 |
Monterroso | Lugo | Xoves, 6 de maio | 10:00 | 10 |
Cuntis | Pontevedra | Xoves, 6 de maio | 10:00 | 8 |
Estrada, A | Pontevedra | Xoves, 6 de maio | 10:00 | 9 |
Lalín | Pontevedra | Xoves, 6 de maio | 10:00 | 12 |
Moaña | Pontevedra | Xoves, 6 de maio | 10:00 | 7 |
Pontevedra | Pontevedra | Xoves, 6 de maio | 10:00 | 12 |
Tomiño | Pontevedra | Xoves, 6 de maio | 10:00 | 9 |
Valga | Pontevedra | Xoves, 6 de maio | 10:00 | 6 |
Vigo | Pontevedra | Xoves, 6 de maio | 10:00 | 6 |
LOCALIDADE | PROVINCIA | DÍA | HORA | Nº PRAZAS |
Betanzos | Coruña, A | Xoves, 6 de maio | 16:00 | 10 |
Coruña, A | Coruña, A | Xoves, 6 de maio | 16:00 | 10 |
Pontedeume | Coruña, A | Xoves, 6 de maio | 16:00 | 8 |
Santa Comba | Coruña, A | Xoves, 6 de maio | 16:00 | 12 |
Santiago de C. | Coruña, A | Xoves, 6 de maio | 16:00 | 9 |
Vicedo, O | Lugo | Xoves, 6 de maio | 16:00 | 4 |
Barco, O | Ourense | Xoves, 6 de maio | 16:00 | 6 |
Cañiza, A | Pontevedra | Xoves, 6 de maio | 16:00 | 18 |
Cuntis | Pontevedra | Xoves, 6 de maio | 16:00 | 8 |
Moaña | Pontevedra | Xoves, 6 de maio | 16:00 | 7 |
Vigo | Pontevedra | Xoves, 6 de maio | 16:00 | 6 |
LOCALIDADE | PROVINCIA | DÍA | HORA | Nº PRAZAS |
Ames | Coruña, A | Venres, 7 de maio | 10:00 | 7 |
Betanzos | Coruña, A | Venres, 7 de maio | 10:00 | 10 |
Boiro | Coruña, A | Venres, 7 de maio | 10:00 | 10 |
Brión | Coruña, A | Venres, 7 de maio | 10:00 | 6 |
Cerceda | Coruña, A | Venres, 7 de maio | 10:00 | 4 |
Fisterra | Coruña, A | Venres, 7 de maio | 10:00 | 5 |
Oroso | Coruña, A | Venres, 7 de maio | 10:00 | 10 |
Ortigueira | Coruña, A | Venres, 7 de maio | 10:00 | 4 |
Carballedo | Lugo | Venres, 7 de maio | 10:00 | 3 |
Guitiríz | Lugo | Venres, 7 de maio | 10:00 | 14 |
Celanova | Ourense | Venres, 7 de maio | 10:00 | 9 |
Marín | Pontevedra | Venres, 7 de maio | 10:00 | 9 |
Poio | Pontevedra | Venres, 7 de maio | 10:00 | 5 |
Pontevedra | Pontevedra | Venres, 7 de maio | 10:00 | 12 |