Emigración informa a máis de 220 universitarios galegos do exterior sobre as bolsas de excelencia Beme para cursar mestrados nas tres universidades de Galicia

O secretario xeral, Antonio Rodríguez Miranda, presidiu tres sesións en liña para informar aos interesados nestas bolsas de América e Europa

Na nova convocatoria, que está aberta ata o 30 de abril, aumentase o número de bolsas ata chegar as 200 de cara a incentivar a que os galegos do exterior de alta cualificación fixen a súa residencia e a súa actividade laboral na comunidade autónoma

As bolsas sufragan viaxe, matrícula, aloxamento e manutención, cunhas contías que oscilan entre os 7.000 e os 11.574 euros
 

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2021

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, presidiu as tres sesión telemáticas realizadas para informar aos universitarios galegos de América e Europa sobre a quinta convocatoria das bolsas excelencia mocidade exterior (BEME Máster), que este ano contarán con máis prazas dispoñibles e máis dotación económica asignada.

Deste xeito, máis de 220 universitarios interesados participaron nestas webinares onde se lles contestou tamén a tódalas súas dubidas entorno a solicitude destas bolsas, que están abertas ata o 30 de abril.

Os beneficiarios deben ser galegos por nacemento ou descendentes por consanguinidade, acreditar un mínimo de dous anos de residencia no Exterior e estar admitido na preinscrición dalgún dos mestrados das universidades galegas. Dende que comezou este programa, en 2017, xa foron 700 as bolsas destinadas a universitarios galegos do exterior.

O Goberno galego destina 1,72 millóns de euros impulsando a captación dun total de 200 titulados universitarios galegos e de currículo brillante, residentes no estranxeiro e cunha titulación de grao, licenciado, enxeñeiro ou arquitecto, que poderán cursar estudos de mestrado nalgunha das tres universidades galegas.

A Xunta traballa así no retorno de currículos brillantes ao tempo que contribúe á fixación de poboación na Galicia territorial, pasando das 150 bolsas do pasado curso ás 200 para o 2021/22, co fin de axudar no regreso de máis mozas e mozos a Galicia polas dificultades que poidan existir no exterior a consecuencia da Covid-19.

A bolsa, cuxo importe é de 7.000 ou 7.650 euros (segundo a persoa beneficiaria proceda de Europa ou do resto do mundo) por curso completo de 60 créditos ECTS, destínase a cubrir os gastos de matrícula, viaxe, aloxamento e manutención na Galicia territorial. Aqueles que se matriculen nun curso de maior duración (90 créditos) disporán dun orzamento total de ata 11.475 euros (en función do continente de procedencia do alumno).
O obxectivo das BEME é non so atraer cada ano galegos que viven fóra e que completen aquí a súa formación especializada senón que traballen en Galicia e que fixen tamén no territorio galego definitivamente a súa residencia.

Neste sentido, todos os beneficiarios destas axudas contarán, un ano máis, cunha orientación laboral coa que se pretende non só captar para Galicia o talento máis brillante de entre os mozas residentes fóra fomentando o retorno da poboación activa laboral, senón tamén facilitarlles o seu establecemento definitivo na comunidade. A oferta céntrase en estudos con capacidade de absorción no tecido produtivo e laboral galego.
Para máis información: https://emigracion.xunta.gal/bolsas-excelencia-mocidade-exterior-2021
 

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 03/04/2021