Todas estas tarefas forman parte das intervencións que se veñen realizando nas estradas galegas para contribuír a previr lumes e reforzar a seguridade viaria
A Xunta prosegue a vindeira semana cos traballos de roza e limpeza nas estradas de titularidade autonómica

Continuarán os labores que nas últimas semanas se están a realizar na provincia da Coruña, na vía de alta capacidade VG.-1.2, en Ares e Mugardos

Intensificaranse as tarefas na vía lucense CG-2.2, en Lugo e no Corgo

Continuarase coas intervencións iniciadas hai dúas semanas na estrada OU-536, ao seu paso polos municipios ourensáns de Esgos, Xunqueira de Espadanedo, Maceda, Castro Caldelas, A Pobra de Trives e Ourense

Na provincia de Pontevedra continuarán executándose os traballos na V.G.- 4.4, en Marín; e seguirán os mesmos na CG-4.2, nos concellos de Tomiño e A Guarda

Realizaranse novas actuacións de acondicionamento de zonas verdes na senda da estrada PO-340 na Ramallosa, a petición do Concello de Nigrán

Estas intervencións potencian o efecto cortalumes das estradas, aumentan a seguridade viaria, cunha maior visibilidade, e fomentan unha mobilidade máis segura e sustentable mediante as sendas e zonas verdes para o tránsito peonil
 

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2021

A Xunta ten previsto proseguir a vindeira semana cos traballos de roza e limpeza nas estradas de titularidade autonómica nas distintas provincias galegas.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da empresa pública Seaga, vén realizando nos últimos meses este acondicionamento nas franxas de dominio público de vías da Xunta para previr lumes e reforzar a seguridade viaria.

No marco destas intervencións, continuarán os traballos que nas últimas semanas se están a realizar na provincia da Coruña, na vía de alta capacidade VG.-1.2, que comunica a contorna do polígono de Vilar do Colo e Mugardos, ao seu paso polos municipio de Ares e Mugardos.

Ao tempo, nas vías da provincia de Lugo, intensificaranse as tarefas de roza na vía de altas prestacións CG-2.2, en Lugo e no Corgo

Seguiranse cos labores iniciados hai dúas semanas na estrada OU-536, ao seu paso polos concellos ourensáns de Esgos, Xunqueira de Espadanedo, Maceda, Castro Caldelas, A Pobra de Trives e Ourense.

Tamén, na provincia de Pontevedra, continuarán os traballos na vía de altas prestacións V.G.- 4.4, no municipio de Marín, e seguirán os mesmos na CG-4.2, nos concellos de Tomiño e A Guarda.

Neste zona, e aproveitando este labores que se están a executar nas estradas da provincia, a vindeira semana proseguirán novos traballos de acondicionamento das zonas verdes, neste caso na senda da estrada PO-340 ó seu paso pola zona da Ramallosa, en Nigrán.

A actuación, de carácter extraordinario, realizase á petición do Concello de Nigrán nunha zona degradada, e os traballos comezaron a pasada semana, coa colocación de postes de madeira nos parterres das zonas onde estacionaban vehículos. A vindeira semana está previsto acondicionar esa contorna da senda con substrato, colocándose manta antiherbas e correspondente plantación. O Concello asumirá ao remate das obras da Xunta o mantemento desta nova zona axardinada.

O conxunto de tarefas realizadas no marco deste contrato coa empresa pública Seaga, se veñen realizando ao longo do ano, centrándose principalmente na retirada de especies pirófilas, aquelas que son máis propensas á propagación do lume, coa fin de previr incendios forestais.

Tamén se acometen rozas para completar o traballo ordinario de conservación das estradas autonómicas e reducir progresivamente o uso de herbicidas, dando cumprimento a un acordo parlamentario.

Ademais, realízase o acondicionamento de zonas verdes e sendas peonís, para que estean en condicións axeitadas.

As intervencións teñen como obxectivos potenciar o efecto cortalumes das estradas; aumentar a seguridade viaria, cunha maior visibilidade; e fomentar unha mobilidade máis segura e sustentable mediante as sendas e zonas verdes para o tránsito peonil.
 

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 04/04/2021