Controlado o incendio forestal do concello coruñés de Ortigueira, parroquia de Devesos

Segundo as últimas estimacións, o lume afecta unha superficie de arredor de 70 hectáreas, a maior parte delas de monte raso

Santiago de Compostela, 6 de abril de 2021

A Consellería do Medio Rural informa de que quedou controlado ás 14,06 h. o incendio forestal do concello coruñés de Ortigueira, parroquia de Devesos.

O lume orixinouse ás 22,56 h. de onte e segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de arredor de 70 hectáreas, a maior parte delas de monte raso. Para o seu control mobilizáronse 6 axentes, 10 brigadas, 7 motobombas e 1 pa.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.
 

Departamento: C. do Medio Rural
Data de actualización: 06/04/2021