Gabriel Alén ensalza o nivel do deporte en Ourense na audiencia á directiva da Real Federación Española de Hóckey

O delegado territorial non quixo deixar pasar a ocasión para subliñar o traballo do Club de Hóckey Barrocás, polo seu labor diario a prol do deporte e do hóckey

Ourense, 7 de abril de 2021

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén,
mantivo esta mañá un encontro coa xunta directiva da Real Federación Española de Hóckey, encabezada polo seu presidente, Santiago Deó.

O delegado territorial fixo un balance moi positivo da actividade deportiva en xeral que se está a desenvolver na provincia e destacou o bo momento que está a atravesar o hóckey provincial tanto a nivel de clubs, como a nivel organizativo tras acoller a cidade de Ourense o Campionato de España de Hóckey Sala e o Campionato de España de Hóckey Herba Seleccións Autonómicas Masculino e Feminino Sub. 14, cun excelente resultado.

Gabriel Alén non quixo deixar pasar a ocasión para subliñar o traballo do Club de Hóckey Barrocás, polo seu labor diario a prol do deporte e do hóckey. Dende a súa orixe no ano 1990, no barrio ourensán de Barrocás, este club foi sempre unha referencia de esforzo e superación que, partindo sempre da canteira, levou o nome de Ourense entre a elite dos mellores equipos nacionais desta especialidade deportiva.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 07/04/2021