A conselleira de Política Social visitou esta mañá a sede desta asociación para conmemorar o Día Mundial do Pobo Xitano
Fabiola García sinala que Galicia e a comunidade xitana se coñecen mellor gracias ao labor de entidades como a Asociación de Promoción e Integración Gitana

Apostou por unha maior integración na que se asegure o seu fácil acceso á educación, á sanidade, á vivenda e ao emprego

Neste 2021 cúmprense 50 anos do I Congreso Mundial do Pobo Xitano

Lugo, 7 de abril de 2021

A conselleira de Política Social, Fabiola García, sinalou que Galicia e a comunidade xitana se coñecen mellor gracias ao labor de entidades como a Asociación de Promoción e Integración Gitana de Lugo, cuxa sede visitou esta mañá acompañada do delegado da Xunta nesta provincia, Javier Arias.

Durante o percorrido polas instalacións, a conselleira lembrou que o Día Mundial do Pobo Xitano, que se conmemora mañá 8 de abril, é unha oportunidade perfecta para reivindicar unha maior integración do pobo xitano na sociedade. Así mesmo, destacou que esta celebración cobra un significado especial este ano ao cumplírense 50 anos do I Congreso Mundial do Pobo Xitano.

Fabiola García asegurou que durante este tempo, Galicia converteuse nun lugar máis plural gracias a todas as xitanas e xitanos que decidiron vivir aquí. Neste sentido, apostou polo seu fácil acceso á educación, á sanidade, á vivenda e ao emprego, para que poidan desenvolver o seu proxecto de vida.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 07/04/2021