Estabilizado un incendio forestal no concello lugués de Navia de Suarna, parroquia de Queizán

Segundo as primeiras estimacións, o lume afecta unha superficie dunhas 20 hectáreas

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2021

A Consellería do Medio Rural informa dun lume xa estabilizado no concello lugués de Navia de Suarna, parroquia de Queizán, que afecta unha superficie provisional dunhas 20 hectáreas. O lume orixinouse ás 16,16 h. desta tarde e no seu control traballan 1 técnico, 3 axentes, 7 brigadas, 3 motobombas e 4 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Departamento: C. do Medio Rural
Data de actualización: 07/04/2021